FOTOGRAFÍA DENDE CERO

  • Impartido por: Óscar Corral

  • Nivel: Inciación

  • Duración: 36h

  • Horario: de 16:30h a 19:30h os mércores

  • N.º de prazas: 10

  • Cuota de inscrición: 270 € (repartidos en TRES pagos de 90€ cada mes) OU 250 € o pagas todo xunto.

  • Datas: do 15 de xaneiro ao 1 de abril de 2020

INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:

DESCRICIÓN

Obradoiro no que faremos unha aproximación á fotografía como medio, a través da súa historia, da técnica fotográfica e da linguaxe das imaxes. O obxectivo é que cada persoa atope, a través do coñecemento e a práctica, o tipo de fotografía que máis lle guste. Durante as clases, cada persoa experimentará, a través das prácticas, cada unha das cuestións que iremos vendo. Faremos prácticas en exteriores e prácticas en estudo.

PROGRAMA

1. A imaxe fotográfica. Un percorrido pola historia e as técnicas fotográficas.

2. A cámara fotográfica.

  • Tipos de cámaras.
  • Diafragma e profundidade de campo.
  • Velocidade de obturación e movemento.
  • Sensibilidade.
  • Enfoque.
  • Outros elementos técnicos.
  • O equipo fotográfico básico.

3. A mensaxe e o espazo: principios de deseño fotográfico.

4. Luz e tempo: nocións básicas de iluminación.

5. Temas e xéneros na fotografía.

6. Fotografía e comunicación: a imaxe nas redes sociais.

DOCENTE: Óscar Corral

Comezou a traballar como fotógrafo en 2003 en La Voz de Galicia, para retornar a prensa diaria na Agencia EFE despois de ocuparse da fotografía institucional no executivo galego. Dende 2009 traballa como fotógrafo no diario El País en Galicia, que compaxina con reportaxes internacionais para o mesmo diario así como para El País Semanal. Ten recibido distintos premios polas súas coberturas, entre os que destancan o “Full-Focus” que distingue as mellores fotografias do ano segundo a axencia Reuters e o “Estaçao Imagem” pola sua cobertura a bordo do buque humanitario “Aquarius”. Ten unha experiencia docente de mais de dez anos.

Web

Facebook

Tw. @corralfoto

Ins. @oscarcorral

DESTINATARIAS

Persoas aficionadas á fotografía, con ou sen coñecementos técnicos, que queiran profundizar no medio fotográfico.

MATERIAL INCLUÍDO NO OBRADOIRO

Iluminación e elementos de estudio e todo o necesario para desenvolver as prácticas. Daranse tamén apuntamentos para que o alumnado poda seguir as cuestións teóricas.

NECESIDADES

Cámara fotográfica, preferentemente con opción manual. Poder ser réflex, compacta, mirrorless ou a cámara do móvil. Manual da cámara e tarxetas de memoria. Roupa cómoda para algunhas prácticas en exteriores.

POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN

A anulación do curso debe ser realizada presencialmente pola persoa inscrita en Unitaria ou a través de queroaprender@escolaunitaria.com
As cancelacións de cursos poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.
O importe non se devolverá nos caso de se o alumno/a decide deixar de asistir ao curso/obradoiro/evento unha vez comezado, calquera que sexa a causa.
O tempo estimado para a devolución do importe dun curso abonado por Internet, xa sexa por vontade do usuario ou por unha cancelación (e conforme ás condicións descritas), será de 24 a 48 horas desde a notificación da operación por parte da Unitaria.

POLÍTICA DE CANCELACIÓN

Unitaria resérvase o dereito de suspender o curso/obradoiro/evento ou modificar as datas e horarios indicados dependendo do número de alumnos matriculados, nese caso comunicarase a forma de devolución do importe abonado.

INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar: