
ARQUITECTURA DA DANZA · INCIACIÓN Á TÉCNICA LABAN
INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:
DESCRICIÓN
Perspectivas de improvisación corporal, dende unha técnica escrita e codificada do movemento e o ritmo, ata chegar ao “embodiment” do mesmo. Estudo das calidades do movemento e bases dunha técnica que permite ir máis aló do estereotipo. Coñecemento e integración dun método de exploración e análise que inclúe o estudo do espazo en relación ao corpo, a calidade enerxética do movemento, e a integración corpo-mente.
PROGRAMA
Quencemento
-Exploración física do contido da acción do movemento.
-Exploración física do contido rítmico do movemento.
-Exploración física dos 4 factores de movemento.
O ESPAZO E A FORMA
-Os 4 xeitos de manifestarse na espazo a través do movemento.
-Exploración física individual e combinada.
-Explicación teórica.
-En grupos, tarefas compositivas de forma, mostra e discusión de resultados.
FORMA DE AFINIDADE / RITMO
– Explicación teórica e exploración práctica.
ESTRUCTURAS DO ESPACIO / ESPAZO
-Discusión e exploración dos conceptos de forma, dimensión, tamaño, dirección, plans, puntos, etc.
-Exercicio compositivo explorando un dos conceptos anteriormente mencionados, mostra e discusión.
-Modelos de contador.
-Scales (Rudolf Laban).
O CONTIDO DO MOVIMIENTO
-Vídeo * (análise).
-Discusión do contido estrutural da obra e da súa importancia na nosa experiencia estética.
-Secuencia de movemento que integra contido de acción, ritmo e forma.
-Ensaio e mostra.
-Discusión da importancia para o artista ou intérprete creativo e para o profesor, de acceder ao contido do movemento separándoo nos seus compoñentes.
“O coñecemento da Técnica de Laban fai que os actores sexan máis conscientes, claros e universais no uso do espazo e as calidades do movemento. Ademais, axuda a crear un pensamento, unha forma de sentir e de imaxinar a danza dun xeito diferente e leva a unha complexidade visible, resultado das opcións que os danzantes levantaron”
DOCENTE: Paula Quintas
Bailarina, alambrista circense, coreógrafa visual e pedagoga. Realiza os seus estudos entre España e Londres, obtendo Licenciatura en Historia da Arte, Postgraduado en Conservatorie Trinity Laban e Graduada na National Centre of Circus Arts de Londres.
É codirectora do Festival Corpo(a)terra de Ourense, e traballa coa pedagoxía contemporánea de investigación corporal en Danza Alfaia en Santiago de Compostela, a sea vez imparte talleres en proxectos institucionais en Portugal e Costa Rica.
Fundadora de Projecto C-F Dance, cofundadora de Voltage Opposites Project, pertence á compañía TrasPediante e Pistacatro.
DESTINATARIAS
Artistas multidisciplinares, artistas escénicos, de danza, teatro, performers, e músicos que queiran expandir o seu coñecemento a unha nova linguaxe corporal e musical.
MATERIAL INCLUÍDO NO OBRADOIRO
Bibliografía
Fotocopias
NECESIDADES DOS ASISTENTES
Roupa cómoda
Libreta de traballo
E MOITAS GANAS!!
POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN
A anulación do curso debe ser realizada presencialmente pola persoa inscrita en Unitaria ou a través de queroaprender@escolaunitaria.com
As cancelacións de cursos poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.
O importe non se devolverá nos caso de se o alumno/a decide deixar de asistir ao curso/obradoiro/evento unha vez comezado, calquera que sexa a causa.
O tempo estimado para a devolución do importe dun curso abonado por Internet, xa sexa por vontade do usuario ou por unha cancelación (e conforme ás condicións descritas), será de 24 a 48 horas desde a notificación da operación por parte da Unitaria.
POLÍTICA DE CANCELACIÓN
Unitaria resérvase o dereito de suspender o curso/obradoiro/evento ou modificar as datas e horarios indicados dependendo do número de alumnos matriculados, nese caso comunicarase a forma de devolución do importe abonado.