INICIACIÓN Á NAIL ART
DESEÑA A TÚA PROPIA MANICURA ARTÍSTICA

  • Impartido por: Mariana Senín

  • Horario: De 10:00 a 14:00

  • Duración:  4 horas

  • N.º de prazas: 10

  • Prezo: 100€ tódolos materiais necesarios para o curso incluídos

    Opción curso+lámpara UV para nail art: 120€

  • Data: 27 de xaneiro 2024

  • Inclúe auga, café, té, doces e froita durante todo o obradoiro.

  • Lugar: Unitaria

INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:

DESCRICIÓN

Neste obradoiro farase unha aproximación ao mundo da manicura dende unha perspectiva artística. Alén dos canons estéticos ou de xénero, presentarase a nail art coma un xogo creativo que permite adaptar referencias visuais de todo tipo e plasmalas en pequenos lenzos que levar enriba.

Ademáis dos pasos básicos para realizar a manicura semipermanente, proporcionaranse técnicas pictóricas e recursos creativos para que cada persoa poida explorar o seu universo artístico particular e sexa quen de empregar as uñas como medio para expresalo.

PROGRAMA

  •  Inspiración, creatividade e pintura en pequeno formato
    • Configurar un imaxinario propio: tipos de referencias visuais e como adaptalas
    • Composición básica e teoría da cor aplicable á nail art
  • Uñas como lenzos, manicura como expresión
    • Esmaltes semipermanentes: materiais e pasos básicos
    • Algunhas técnicas de nail art
      • O pictórico: xeometría, abstracción e figuración
      • O volume: 3D básico
  • Desenvolve o teu propio deseño: práctica libre na propia man

DOCENTE: Mariana Senín

Graduada en Historia da arte e fundadora de Nails Out, un proxecto que xorde do interese por explorar as posibilidades da nail art como disciplina creativa. Para ela, a manicura é un medio de expresión a través do cal involucrar referencias visuais de mundos como a arte, o deseño, a ilustración ou a moda.

Residente en Santiago de Compostela, ao longo do seu percorrido ten colaborado con diferentes espazos creativos e multidisciplinares en cidades como A Coruña, Ourense, Oviedo ou Barcelona.

Perfil de IG

DESTINATARIAS

Calquera persoa interesada non só na nail art, senón tamén en explorar outros formatos pictóricos ou desenvolver a súa expresión artística.

Profesionais da manicura que queiran potenciar o enfoque creativo do seu traballo.

Non é preciso ter coñecementos previos sobre manicura, pintura ou debuxo.

MATERIAL INCLUÍDO NO OBRADOIRO

Tódolos materiais necesarios para o curso incluídos.

NECESIDADES

Opcionalmente pódense traer libros, ilustracións, obxectos, teas… que axuden a configurar un universo visual propio e funcionen como inspiración para a manicura.

POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN

A anulación do curso debe ser realizada presencialmente pola persoa inscrita en Unitaria ou a través de queroaprender@escolaunitaria.com
As cancelacións de cursos poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.
O importe non se devolverá nos caso de se o alumno/a decide deixar de asistir ao curso/obradoiro/evento unha vez comezado, calquera que sexa a causa.
O tempo estimado para a devolución do importe dun curso abonado por Internet, xa sexa por vontade do usuario ou por unha cancelación (e conforme ás condicións descritas), será de 24 a 48 horas desde a notificación da operación por parte da Unitaria.

POLÍTICA DE CANCELACIÓN

Unitaria resérvase o dereito de suspender o curso/obradoiro/evento ou modificar as datas e horarios indicados dependendo do número de alumnos matriculados, nese caso comunicarase a forma de devolución do importe abonado.

INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar: