
CENTROS FLORAIS
INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:
DESCRICIÓN
Faremos unha centro floral empregando flores secas e preservadas. Levarás para casa un precioso centro feito por ti para deixar atónit*s a tod*s.
PROGRAMA
- Diferencias entre flores secas e preservadas.
- Técnicas para facer centros.
- Parada para o almorzo/merenda.
- Elaboración do centro.
DOCENTE: Julia Besada Viñas
Son florista autodidacta e deseñadora de produto. O meu perfil de instagram é @monte.das.flores
DESTINATARIAS
Persoas interesadas na decoración empregando elementos naturais.
MATERIAL INCLUÍDO NO OBRADOIRO
Tesoiras e flores.
NECESIDADES
Moitas ganas, trae moitas ganas 🙂
POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN
A anulación do curso debe ser realizada presencialmente pola persoa inscrita en Unitaria ou a través de queroaprender@escolaunitaria.com
As cancelacións de cursos poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.
O importe non se devolverá nos caso de se o alumno/a decide deixar de asistir ao curso/obradoiro/evento unha vez comezado, calquera que sexa a causa.
O tempo estimado para a devolución do importe dun curso abonado por Internet, xa sexa por vontade do usuario ou por unha cancelación (e conforme ás condicións descritas), será de 24 a 48 horas desde a notificación da operación por parte da Unitaria.
POLÍTICA DE CANCELACIÓN
Unitaria resérvase o dereito de suspender o curso/obradoiro/evento ou modificar as datas e horarios indicados dependendo do número de alumnos matriculados, nese caso comunicarase a forma de devolución do importe abonado.