
CACHARAGE AGAINST THE MACHINE
CACHARAGE AGAINST THE MACHINE
14 de marzo de 2026 · Unitaria · Santiago de Compostela
Cacharage Against the Machine é un proxecto de experimentación sonora e creación dixital contemporánea que opera na intersección entre media art, arte sonora e práctica performativa tecnolóxica.
Artéllase como unha xornada que integra live acts de creación electrónica en tempo real xunto a espazos de escoita, experimentación colectiva, demostracións técnicas e conversas arredor dos sintetizadores, do hardware e dos procesos creativos que se constrúen en directo.
Durante o día convivirán prácticas de escoita profunda, improvisación compartida e apertura de procesos. As artistas mostrarán como constrúen os seus sets, como toman decisións en tempo real, como organizan o son e como dialogan co erro, coa improvisación e coa máquina. Haberá tempo para observar de preto, preguntar e aprender desde dentro.
Cacharage Against the Machine non é un festival nin un curso ao uso. É un espazo de encontro para persoas con curiosidade polo son, polos cacharros e polo que sucede cando se baixa o ritmo e se comparte aquilo que normalmente permanece oculto. Sen xerarquías, sen présa e cunha idea clara: desfrutar aprendendo.
Por un día, Unitaria convértese nun laboratorio aberto onde a electrónica se pensa, se escoita e se constrúe en colectivo.
Este ano a xornada expándese e incorpora dous novos espazos na cidade:
Espacio X – Cafetería do CGAC (13:00 h), que acollerá o Baño de Sintes como apertura inmersiva da xornada; e SOSA BAR (+21:00 h), onde se desenvolverán os live acts nocturnos, prolongando a experiencia nun contexto máis performativo e de club.
CATM é unha iniciativa de XENEME Innovación Social e Escola Unitaria.
Aprenderás.
PROGRAMA
ESPACIO X – CAFETERÍA DO CGAC. · De balde
13:00 BAÑO DE SINTES
FI0 (Fonsi)
UNITARIA · Taquilla inversa
16:00 PRESENTACIÓN
Juait x CRNDS. LINDISFARNE SAMPLE PACK_1
Unha biblioteca de samples, vencellados á nosa cultura e deseñada para a creación musical contemporánea.
https://lindisfarne.site/samplepack
16:30 – 18:00 JAM de sintes.
Impro colectiva en directo con sintetizadores e cacharros varios. Amor e caos. Sincronía, erro e negociación en tempo real. Se traes máquina, xogas.
18:00 – 18:45 FALADOIRO
Paula Pin. Meigallos e barullos non binarios
Faladoiro arredor dunha Galicia cuir onde identidade, maxia e tecnoloxía se entrelazan. Corpo, transfeminismo e biotecnoloxía DIY como prácticas de experimentación e resistencia.
18:45 – 19:15 CONEXIÓNS
Espazo de diálogo entre comunidades de creación sonora e cultura electrónica: Purveyancerecords, Vértebra, LDM synths community, C.A.T.M.
19:15 TALK+DEMOS
As comunidades programan a artistas que abren e explican o seu fluxo de traballo musical.
19:15 – 20:00 · Antoxo x Purveyance Records. Live set
20:00 – 20:45 · Vértebra Clube. Sesión comentada sobre o proceso creativo e os criterios de selección DJ.
20:45 – 21:30 · Insire Nome x LDM synths community. Live set
SOSABAR · Entrada: 5 eur
+21:00_AFTERPARTY
Soul Lazh Live, Slit Observes (Live) +++

SORTEO · OXI ONE MK II
Este sábado en Unitaria sorteamos un OXI ONE MK II, un dos secuenciadores máis potentes do mercado, valorado en 899 €.
💶 10 € cada unha
🏆 Un único gañador ou gañadora
O sorteo será ás 20:45 o sábado en Unitaria!
Se che gusta facer música electrónica, modular ou sintetizadores… isto é unha pequena bomba creativa.