
INICIACIÓN Á ESCRITURA DE GUIÓN
INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:
DESCRICIÓN
Obradoiro baseado na práctica para desenvolver a idea, aprender a técnica da escritura cinematográfica e dominar a estrutura dramática. Cada estudante escribirá o seu propio guión.
PROGRAMA
Semanas 1 a 3: A IDEA.
Escoller a historia e definir o xénero, o formato e a estrutura narrativa
Semanas 4 a 9: O ARGUMENTO.
Coñecer a técnica narrativa, desenvolver as tramas e os personaxes, redactar un tratamento secuenciado
Semanas 10 e 11: OS DIÁLOGOS.
Aprender os aspectos técnicos e formais á hora de redactar as secuencias e escribir as primeiras versións do guión
Semana 12: A VENDA.
Orientarse no camiño para converter o Guión nunha obra audiovisual
A duración en semanas de cada fase do traballo é orientativa. Adaptaráse a cada guionista e ás necesidades de cada guión.
DOCENTE: Ozo Perozo
Ozo Perozo, director e guionista.
Traballo no audiovisual galego dende 1997. Formeime académicamente como guionista mentres aprendía dirección traballando en rodaxes de todo tipo.
https://www.linkedin.com/in/ozoperozo/
DESTINATARIAS
Destinado a aquelas persoas que teñen unha idea para un guión audiovisual de ficción (curta, serie, longa) pero non coñecen a técnica para desenvolvelo.
MATERIAL INCLUÍDO NO OBRADOIRO
Guións xa producidos e estreados de longametraxes, series e curtas.
NECESIDADES
Soporte no que escribir, escollido por cada participante. Tanto físico (caderno e lápis) coma dixital (portátil, tablet) |
POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN
A anulación do curso debe ser realizada presencialmente pola persoa inscrita en Unitaria ou a través de queroaprender@escolaunitaria.com
As cancelacións de cursos poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.
O importe non se devolverá nos caso de se o alumno/a decide deixar de asistir ao curso/obradoiro/evento unha vez comezado, calquera que sexa a causa.
O tempo estimado para a devolución do importe dun curso abonado por Internet, xa sexa por vontade do usuario ou por unha cancelación (e conforme ás condicións descritas), será de 24 a 48 horas desde a notificación da operación por parte da Unitaria.
POLÍTICA DE CANCELACIÓN
Unitaria resérvase o dereito de suspender o curso/obradoiro/evento ou modificar as datas e horarios indicados dependendo do número de alumnos matriculados, nese caso comunicarase a forma de devolución do importe abonado.