PROGRAMADOR/A WEB EN 3 MESES

  • Impartido por: Iñaki Quenerapu

  • Nivel: Inciación

  • Duración: 36h

  • Horario: de 16:30h a 19:30h os LUNS

  • N.º de prazas: 10

  • Cuota de inscrición:  270 € (repartidos en TRES pagos de 90€ cada mes) OU 250 € o pagas todo xunto.

  • Datas: do 6 de abril ao 22 de xuño de 2020

INSCRICIÓN: un correo cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:

PROGRAMA

Mes 1
Xornada 01: Presentación do curso. Vemos exemplos do que imos conseguir. Instalamos as ferramentas coas que imos traballar e nos familiarizamos con elas.
Xornada 02: HTML5 Boilerplate: o noso punto de partida coa linguaxe de marcado HTML. Construimos a nosa primeira páxina web.
Xornada 03: Definimos o aspecto da páxina web usando a linguaxe de estilos en cascada CSS.
Xornada 04: Coa linguaxe de programación PHP variamos dinámicamente o contido da páxina web.

Mes 2
Xornada 05: Creamos e administramos unha base de datos utilizando a linguaxe de consultas SQL
Xornada 06: Facemos as consultas á base de datos desde PHP e vemos os resultados reflictidos na páxina web.
Xornada 07: Repasamos e profundizamos no PHP + SQL
Xornada 08: Repasamos e profundizamos no HTML + CSS

Mes 3
Xornada 09: Achegámonos a Javascript
Xornada 10: Sitios web adaptativos (responsive): usamos o noso primeiro framework CSS para construir o front-end. Sitios web con área privada para administración: usamos o noso primeiro framework PHP para construir o back-end.
Xornada 11: Proxecto fin de curso: construimos a web dunha barbería reutilizando, combinando e variando código que xa temos feito de xornadas anteriores.
Xornada 12: Repaso. Comentarios e preguntas. Recursos en Internet para programadores. Emotiva entrega de diplomas.

DOCENTE: Iñaki Quenerapú

Iñaki Quenerapú é deseñador gráfico e programador. Leva máis de 20 anos construindo sitios web e máis de 10 explicando á xente como facelo. Explica as cousas con entusiamo e ilusión. Tomou un ano e medio sabático para preparar a conciencia tres cursos con sabor a éxito e este é un deles.

DESTINATARIAS

A todas as persoas interesadas en aprender a programar web.

NECESIDADES

Necesario traer o teu portátil con algún navegador á última.

POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN

A anulación do curso debe ser realizada presencialmente pola persoa inscrita en Unitaria ou a través de queroaprender@escolaunitaria.com
As cancelacións de cursos poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.
O importe non se devolverá nos caso de se o alumno/a decide deixar de asistir ao curso/obradoiro/evento unha vez comezado, calquera que sexa a causa.
O tempo estimado para a devolución do importe dun curso abonado por Internet, xa sexa por vontade do usuario ou por unha cancelación (e conforme ás condicións descritas), será de 24 a 48 horas desde a notificación da operación por parte da Unitaria.

POLÍTICA DE CANCELACIÓN

Unitaria resérvase o dereito de suspender o curso/obradoiro/evento ou modificar as datas e horarios indicados dependendo do número de alumnos matriculados, nese caso comunicarase a forma de devolución do importe abonado.

INSCRICIÓN: un correo cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar: