OÎMA PRESENTA ALA!

5 eur con agasallo incluído!!

TEMA “ENTRADAS”. AFORO LIMITAO

PASAS POR UNITARIA O ANTES POSIBLE, APOQUINAS, APUNTAMOS O TEU NOME E LISTO.

Antes de chegar aquí estivemos en moitos lugares, moitas veces. 

Ala! é o primeiro traballo de Oîma, trío instrumental formado por Antía Ameixeiras (violino), Olalla Liñares (clarinete) e Martín Senande (acordeón diatónico). A Unitaria acollerá a estrea planetaria deste proxecto nun concerto cheo de amizades, alegrías e sorpresas. Todo o que sempre quixeches saber sobre Oîma e nunca se atreveron a contarche. Porque Ala!, no fondo, non é un disco. Ou si. Xa se verá.

E ala, xa está, chegamos.