
DESEÑO VECTORIAL CON ILLUSTRATOR EN 3 MESES
INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:
DESCRICIÓN
PROGRAMA
INTRODUCIÓN
Imos ver os elementos básicos do espazo de traballo e as preferencias, antes de comezar a traballar con Adobe Illustrator.
- Pantalla de Benvida
- Mapa de bits, pixels e vectores, que son
- Cores luz & cores pigmento
- Anatomía do interfaz de illustrator
ESPAZO DE TRABALLO
Coñecer os elementos básicos do espazo de traballo permítenos aforrar tempo para poñernos ao choio canto antes.
- Espazo de traballo
- Atallos de teclado
- Menús contextuales
- Documento novo
- Axustes de Documento
- Zoom e navegacion polo documento
- Guías
- Cuadrícula
DEBUXO CON FORMAS BÁSICAS, PLUMA BEZIER E PINCEIS
Coas ferramentas de debuxo básicas podemos levar a cabo tamén moitos traballos avanzados.
- Ferramentas básicas de debuxo
- Edición de formas básicas
- Ferramentas de Selección
- Seleccionar e transformar obxectos
- Debuxo con formas básicas
- Debuxo coa pluma bézier
- Buscatrazos
- Ferramenta Pincel
- Tipos de pinceis
COR; DEGRADADOS E TRANSPARENCIAS
Xunto co traballo coas formas, a aplicación da cor é a base de todas as nosas ilustracións.
- Teoría da Cor
- Panel de Mostras
- Modos de Fusión e Transparencia
- Panel Degradado e Ferramenta Degradado
- Máscaras de Opacidade
IMAXES, MÁSCARAS E CAPAS
Aínda que Adobe Illustrator é un programa vectorial, tamén podemos incorporar imaxes creadas noutras aplicacións.
- Colocar imaxes
- Máscaras de recorte
- Rasterizar vectores
- Paleta Capas
TRANSFORMACIÓN DE ELEMENTOS
Escalado, rotación, transformación, en definitiva, transformación e alteración dos nosos obxectos.
- Escalar Obxectos e trazados
- Rotar e Reflexo
- Transformación libre
- Panel Aliñar
- Promediar Puntos de Áncora
- Símbolos e Panel de Símbolos
- Ferramenta Fusión
- Motivos Regulares
- Motivos Irregulares
- Calco Manual
- Calco Interactivo
- Xiro 3D
- Extrusión e Biselado 3D
- Rotar obxectos 3D
TEXTO
O uso do texto non é o primeiro que nos vén á cabeza ao falar de Adobe Illustrator, pero é un elemento fundamental no traballo diario con esta aplicación.
- Traballo con Texto
- Menú Texto
- Panel Carácter
- Texto de Área
- Panel Parágrafo e Tabuladores
EXPORTAR, GARDAR E IMPRIMIR
Unha vez terminado o noso traballo, é a hora de gardalo ou compartilo.
- Exportar Arquivos
- Gardar Arquivos
- Imprimir
DOCENTE: Fernando Lema
Diplomado en Artes Visuais e Comunicación, Master en Deseño Gráfico Publicitario, empeza a traballar como deseñador gráfico en 1999. Do 2000 ao 2002 é fundador e director creativo de “a ref.erencia”. De ahí en adiante, traballará como “freelance” para clientes privados e públicos, compaxinando diferentes proxectos persoais, como “Camisetas de Once Varas”, deseñando imaxes meteorolóxicas para produtos textiles e complementos.
En 2006 abre “Zürich-SCQ”, un espazo de venda de roupa e galería de arte para artistas noveles en Santiago de Compostela, proxecto que leva premios de escaparatismo e de innovación e comercio. Tamén é profesor de Illustrator para profesionais do sector das artes gráficas de Galicia.
Como hobby, no 2007, monta xunto cun puñado de seres inquedos “SENUNPESO”, unha asociación para a creación de cortometrajes experimentais e formación audiovisual.
Beta-Tester e moderador do “Community Help” para “Adobe Systems” con Illustrator de 2008 a 2011. Profesor na “Academia Postal “ de Adobe Illustrator (2008-2009)
Leva o deseño gráfico, gravación, edición de vídeo e redes sociais de “Culturactiva” de 2010 a 2014.
E dende maio do 2015 é socio fundador de “Unitaria”, un espazo multidisciplinar e colaborativo xestionado pola “Asociación de Amigos si, pero a Vaquiña polo que Vale”, que ten como obxectivo principal o desenvolvemento de accións formativas destinadas a profesionais.
DESTINATARIAS
A todas as persoas interesadas en aprender a facer logotipos, cartaces, calquer aplicación gráfica para calquer proxecto ou simplente aprender a usar as ferramentas vectoriais ou mellorar á súa técnica.
NECESIDADES
Necesario traer portátil con Adobe Illustrator instalado, de CS6 para arriba… Recomendo tamén que traides ou rato🖱 ou tableta gráfica ✍🏻.
POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN
A anulación do curso debe ser realizada presencialmente pola persoa inscrita en Unitaria ou a través de queroaprender@escolaunitaria.com
As cancelacións de cursos poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.
O importe non se devolverá nos caso de se o alumno/a decide deixar de asistir ao curso/obradoiro/evento unha vez comezado, calquera que sexa a causa.
O tempo estimado para a devolución do importe dun curso abonado por Internet, xa sexa por vontade do usuario ou por unha cancelación (e conforme ás condicións descritas), será de 24 a 48 horas desde a notificación da operación por parte da Unitaria.
POLÍTICA DE CANCELACIÓN
Unitaria resérvase o dereito de suspender o curso/obradoiro/evento ou modificar as datas e horarios indicados dependendo do número de alumnos matriculados, nese caso comunicarase a forma de devolución do importe abonado.