CESTERÍA CON FIBRAS VEXETAIS

  • Impartido por: Julia de la Cal

  • Nivel: Inciación

  • Duración: 8h

  • Horario: de 10:00h a 14:00h e de 16:00h a 20:00h

  • N.º de prazas: 10

  • Cuota de inscrición: 65€

  • Datas: 14 de marzo de 2020

INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:

DESCRICIÓN

Obradoiro intensivo de Cestería no que coñeceremos os principios deste oficio artesán dende a praxe e levaremos para casa unhas pezas ben chulas!. Nel achegarémonos ás técnicas de tecido con fibras vexetais, forraremos botellas con diferentes materiais e cores e tamén faremos pequenos candeeiros.

PROGRAMA

Neste obradoiro explicaremos os fundamentos e procedementos de traballo, as nocións básicas sobre os materiais e as ferramentas que se precisan na cestería.
Coñeceremos os principios estructurais, a confección das diferentes partes que nos permitirán o forrado completo da botella, dende a base ata o peche e diferentes técnicas de tecido: simple, dobre, triple e ribetes para crear texturas.

DOCENTE: Julia de la Cal

Comecei no mundo da cestería en 2010, durante os meus estudos de deseño industrial na Escola Massana (Barcelona). Posteriormente cursei o Taller de Posgrao Off Massana de artesanía e deseño. Formeime en Catalunya, no norte de Europa e tamén participei no curso de Cestería, Deseño e Arquitectura Verde en Garaion NaturArtea (Euskadi).
O meu traballo foi seleccionado para as Medallas Adi Fad (Fomento de las Artes y el Diseño); para o Mercat d’Idees do BCD (Barcelona Centro de Diseño) e tamén forma parte da exposición Síntesi de A-Fad. No 2014 creamos o Ateneu d’Oficis de La Base, un espazo cooperativo onde compartir oficios, saberes e recursos. Son membra da Associació Catalana de Cistellaires dende aquela.
A finais de 2015 volvín á terriña, onde obtiven a Carta de Artesá e continúo traballando tanto no campo do deseño coma no da cestería. Co-dirixín a instalación ‘Recuncho de Vimbio’ no Museo do Pobo Galego e a intervención no espazo ‘Enleadas’ no Museo Centro Gaiás. Colaboro con diferentes entidades e profesionais, desenrolando obradoiros participativos con Especies de Espazos, A Casa Colorida, Ecolectivo, Asociación Galega de Artesáns, Fundación de Artesanía de Galicia e cursos de cestería tradicional e contemporánea, tamén participo en feiras e encontros dentro e fóra da Galiza.

DESTINATARIAS

Calquera persoa que queira iniciarse neste traballo manual.

MATERIAL INCLUÍDO NO OBRADOIRO

Os fibras vexetais para forrar a botella e o candeeiro como medula de ratán, tireta e corda de algas están incluidas no obradoiro.

NECESIDADES

Tes que traer unha botella de base redonda para forrala e tesoiras.

POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN

A anulación do curso debe ser realizada presencialmente pola persoa inscrita en Unitaria ou a través de queroaprender@escolaunitaria.com
As cancelacións de cursos poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.
O importe non se devolverá nos caso de se o alumno/a decide deixar de asistir ao curso/obradoiro/evento unha vez comezado, calquera que sexa a causa.
O tempo estimado para a devolución do importe dun curso abonado por Internet, xa sexa por vontade do usuario ou por unha cancelación (e conforme ás condicións descritas), será de 24 a 48 horas desde a notificación da operación por parte da Unitaria.

POLÍTICA DE CANCELACIÓN

Unitaria resérvase o dereito de suspender o curso/obradoiro/evento ou modificar as datas e horarios indicados dependendo do número de alumnos matriculados, nese caso comunicarase a forma de devolución do importe abonado.

INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar: