OBRADOIRO DE SOMBRAS CHINAS

  • Impartido por: Tanxarina

  • Duración: 2h e media

  • Horario: sábado de 10:30 a 13:30 (aproximadamente)

  • N.º de prazas: 20

  • Cuota de inscrición: 60€

  • Inclúe auga, café, té, doces e froita durante todo o obradoiro.

  • Data: sábado 18 de abril

  • Lugar: Unitaria

INSCRICIÓN: un correo cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:

DESCRICIÓN

Unha actividade formativa que ademáis de achegar o mundo dos monicreques a tod@s; desenvolve a capacidade creativa e fomenta o desenvolvemento persoal de cada individuo.

Con materiais e elementos sinxelos (cartulina e variñas) imos construír sombras chinas.

PROGRAMA

Construiremos os nosos monicreques e probarémolos nun teatriño de sombras chinas.

DOCENTE: TANXARINA

A compañía TANXARINA TÍTERES foi fundada no ano 1983, por varios ex-alumnos de Harry Tozer, profesor de construción e manipulación de marionetas de fíos do Institut del Teatre de Barcelona, e tamén outros profesionais galegos do teatro infantil e xuvenil . Dende entón  converteuse nunha das formacións máis recoñecidas e prestixiosas do teatro de títeres galego  tanto dentro como fóra de Galicia. Adícase prioritariamente á produción e distribución de espectáculos dirixidos a todo tipo de públicos: infantil, xuvenil e familiar; onde se combinan diversas técnicas de animación de monecos co traballo actoral dos propios manipuladores.

Marionetas de fíos, títeres de luva, de variñas, sombras chinas , bunrakus e outros gañan  así en forza expresiva e comicidade. Esa  relación escénica entre títeres e actores vén sendo unha das señas de identidade da compañía dende os seus primeiros espectáculos. A Compañía desenvolve tamén unha constante actividade docente mantendo unha variada proposta de cursos de construción e manipulación  de títeres, marionetas, máscaras e cabezudos  para  educadores, escolares e profesionais da animación socio-cultural.

https://www.tanxarina.es/gl-ES

DESTINATARIAS

O obradoiro está dirixido a adultas con interese nas artes escénicas, mestras, animadoras… Poderán asistir nenxs de máis de 7 anos sempre que veñan acompañadas dunha persoa adulta.

NECESIDADES

Ganas de aprender, imaxinar e pasalo ben.

Cancelación por parte do alumnado:

– Para cursos continuos (como ioga, pilates, coro, etc.), a cancelación debe realizarse como mínimo 15 días antes do inicio do mes seguinte. Así evitamos que se reserve unha praza para alguén que non vai continuar e podemos organizar os grupos mellor.

– A anulación do curso debe solicitarse por escrito, enviando un correo a queroaprender@escolaunitaria.com ou facéndoo presencialmente en Unitaria.

– En cursos ou obradoiros puntuais, as cancelacións poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.

– Unha vez comezado o curso/obradoiro/evento, non se devolverá o importe abonado, independentemente da causa de abandono.

– O prazo estimado para facer a devolución (nos casos que corresponda) será de 24 a 48 horas desde a notificación por parte de Unitaria.

Cancelación por parte de Unitaria:

Unitaria resérvase o dereito de suspender ou modificar datas e horarios de calquera curso, obradoiro ou evento se non se acada o número mínimo de persoas inscritas. Neste caso, comunicarase con antelación e indicarase a forma de devolución íntegra do importe.

INSCRICIÓN: un correo cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar: