DESEÑO GRÁFICO CON ILLUSTRATOR

  • Impartido por: Fernando Lema

  • Nivel: Inciación

  • Duración: 12h (4 clases de 3 horas)

  • Horario: de 16:30h a 19:30h os xoves

  • N.º de prazas: 8

  • Cuota de inscrición: 190 €

  • Datas: do 4 ao 25 de abril de 2024

  • Inclúe auga, café, té, doces e froita durante todo o obradoiro.

  • Lugar: Unitaria

INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:

DESCRICIÓN

Aprende deseño gráfico dende cero! Facer logotipos, cartaces ou unha aplicación gráfica para calquera que sexa o teu proxecto non será difícil.
✍️⚡️
Traballo con vectores e moito máis, coa ferramenta líder do mercado da ilustración: Adobe Illustrator. Coñecemento da interface do programa, as ferramentas de traballo, as súas posibilidades en canto a debuxo vectorial e ilustración, cor, pintura, selección de obxectos e modificación dos mesmos, importar e exportar arquivos, traballar con texto, efectos especiais e impresión… Pero non so de Illustrator imos falar, unha base sólida sobre que é a imaxe dixital e para que vale o deseño gráfico é fundamental.

PROGRAMA

Clase 1: Introdución e Espazo de Traballo
– Introdución ao Deseño Gráfico e a Adobe Illustrator (30 minutos)
– Pantalla de Benvida e Anatomía da Interface de Illustrator (30 minutos)
– Espazo de Traballo e Atallos de Teclado (45 minutos)
– Documento Novo e Axustes de Documento (30 minutos)
– Zoom e Navegación polo Documento, Guías e Cuadrícula (45 minutos)

Clase 2: Ferramentas de Debuxo e Cor
– Ferramentas Básicas de Debuxo e Edición de Formas Básicas (45 minutos)
– Selección e Transformación de Obxectos (30 minutos)
– Teoría da Cor e Panel de Mostras (45 minutos)
– Modos de Fusión e Transparencia (30 minutos)
– Panel Degradado e Ferramenta Degradado (30 minutos)

Clase 3: Imaxes, Máscaras e Transformacións
– Colocar Imaxes e Máscaras de Recorte (45 minutos)
– Transformación de Elementos: Escalado, Rotación, Reflexión (45 minutos)
– Símbolos e Ferramenta Fusión (30 minutos)
– Calco Manual e Interactivo (30 minutos)

Clase 4: Texto e Exportación
– Traballo con Texto e Menú Texto (45 minutos)
– Panel Carácter, Texto de Área, Panel Parágrafo e Tabuladores (45 minutos)
– Exportar, Gardar e Imprimir Arquivos (1 hora)

O tempo asignado a cada tema segundo as necesidades específicas do grupo para haxa tempo abondo para preguntas e prácticas durante cada clase.

DOCENTE: FERNANDO LEMA

Diplomado en Artes Visuais e Comunicación, Master en Deseño Gráfico Publicitario, empeza a traballar como deseñador gráfico en 1999. Do 2000 ao 2002 é fundador e director creativo de “a ref.erencia”. De ahí en adiante, traballará como “freelance” para clientes privados e públicos, compaxinando diferentes proxectos persoais, como “Camisetas de Once Varas”, deseñando imaxes meteorolóxicas para produtos textiles e complementos.

En 2006 abre “Zürich-SCQ”, un espazo de venda de roupa e galería de arte para artistas noveles en Santiago de Compostela, proxecto que leva premios de escaparatismo e de innovación e comercio. Tamén é profesor de Illustrator para profesionais do sector das artes gráficas de Galicia.

Como hobby, no 2007, monta xunto cun puñado de seres inquedos “SENUNPESO”, unha asociación para a creación de cortometrajes experimentais e formación audiovisual.

Beta-Tester e moderador do “Community Help” para “Adobe Systems” con Illustrator de 2008 a 2011. Profesor na “Academia Postal “ de Adobe Illustrator (2008-2009)

Leva o deseño gráfico, gravación, edición de vídeo e redes sociais de “Culturactiva” de 2010 a 2014.

E dende maio do 2015 é socio fundador de “Unitaria”, un espazo multidisciplinar e colaborativo xestionado pola “Asociación de Amigos si, pero a Vaquiña polo que Vale”, que ten como obxectivo principal o desenvolvemento de accións formativas… como esta. 🙂

DESTINATARIAS

A todas as persoas interesadas en aprender a facer logotipos, cartaces, calquer aplicación gráfica para calquer proxecto ou simplente aprender a usar as ferramentas vectoriais ou mellorar a súa técnica.

NECESIDADES

Necesario traer portátil con Adobe Illustrator instalado, Recomendo tamén que traiades rato ou tableta gráfica ✍🏻.

POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN

A anulación do curso debe ser realizada presencialmente pola persoa inscrita en Unitaria ou a través de queroaprender@escolaunitaria.com
As cancelacións de cursos poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.
O importe non se devolverá nos caso de se o alumno/a decide deixar de asistir ao curso/obradoiro/evento unha vez comezado, calquera que sexa a causa.
O tempo estimado para a devolución do importe dun curso abonado por Internet, xa sexa por vontade do usuario ou por unha cancelación (e conforme ás condicións descritas), será de 24 a 48 horas desde a notificación da operación por parte da Unitaria.

POLÍTICA DE CANCELACIÓN

Unitaria resérvase o dereito de suspender o curso/obradoiro/evento ou modificar as datas e horarios indicados dependendo do número de alumnos matriculados, nese caso comunicarase a forma de devolución do importe abonado.

INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar: