
A ARTE DE CONTAR
INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:
DESCRICIÓN
Curso de iniciación á arte de contar contos.
As clases serán prácticas e nelas poñerase en valor o legado popular de Galicia. Aprenderemos ferramentas de expresión oral e de expresión dramática. Abordaremos a organización dunha sesión a partir dos intereses, idades e expectativas do público.
PROGRAMA
1. O corpo e a voz como ferramentas de comunicación. Expresión oral e corporal.
2. A tradición oral, a literatura popular. Ditos e contos da nosa contorna.
3. O conto tradicional. Animais, costumes e marabillosos.
4. O álbum ilustrado. O libro-xogo e contar con obxectos.
5. Historias e segredos de familia. Creación de material a partir da memoria emotiva.
O curso será práctico e durante 9 xornadas as persoas participantes poderán coñecer as ferramentas necesarias para contar contos: corpo, voz, emoción, memoria… ao servizo dunha historia.
Na última xornada da formación, as persoas que o desexen poderán compartir o seu conto nunha contada aberta na que poñer en práctica as ferramentas adquiridas.
DOCENTE: Bea Campos
Bea Campos é actriz, directora, narradora oral, presentadora, improvisadora e especialista en literatura infantil con máis de 20 anos de experiencia. Forma parte da compañía Migallas Teatro e Inventi Teatro. Foi coordinadora do CIOV (Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo) nos cursos 2021-2022.
Dende moi pequena comezou a contar historias ligadas á tradición e ás raíces galegas. Licenciada en Arte Dramática, é formadora no ámbito da expresión dramática, creación escénica, narración oral e literatura infantil. Durante 5 anos traballou como presentadora e guionista na canle de literatura online Kalandraka TV, da editorial Kalandraka, achegando o mundo dos libros a grandes e cativada.
DESTINATARIAS
Contacontos, actrices, improvisadoras, monologuistas, mediadoras á lectura, mestras e todas aquelas persoas interesadas na tradición e expresión oral.
NECESIDADES
Roupa cómoda e moitas ganas de pasalo ben, xogar e descubrir a narradora que lavamos dentro.
POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN
A anulación do curso debe ser realizada presencialmente pola persoa inscrita en Unitaria ou a través de queroaprender@escolaunitaria.com
As cancelacións de cursos poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.
O importe non se devolverá nos caso de se o alumno/a decide deixar de asistir ao curso/obradoiro/evento unha vez comezado, calquera que sexa a causa.
O tempo estimado para a devolución do importe dun curso abonado por Internet, xa sexa por vontade do usuario ou por unha cancelación (e conforme ás condicións descritas), será de 24 a 48 horas desde a notificación da operación por parte da Unitaria.
POLÍTICA DE CANCELACIÓN
Unitaria resérvase o dereito de suspender o curso/obradoiro/evento ou modificar as datas e horarios indicados dependendo do número de alumnos matriculados, nese caso comunicarase a forma de devolución do importe abonado.