CADERNO TRADICIONAL XAPONÉS

  • Duración: 4 horas

  • Horario: de 10:00 a 14:00

  • N.º de prazas: 10

  • Cuota de inscrición: 35 €

  • Data: 17 de setembro 2022

  • Inclúe auga, café, té, doces e froita durante todo o obradoiro.

INSCRICIÓN: un correo cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:

DESCRICIÓN

Faremos un caderno tradicional xaponés, un proceso de creación artesanal de gran sensibilidade e delicadeza, que inviste o sentido do cosido e do papel, para crear formatos de caderno diferentes e pequenos libros de gran valor artístico.

PROGRAMA

  • Unha proposta esencialmente práctica!
  • Breve introducción á orixe e historia desta técnica de encadernación con séculos de vida e, mais polo miudo, deste tipo de cadernos tradicionais.
  • Aproximación ós materiais específicos de encadernación, tanto ferramentas manuais como demais elementos necesarios para a construción do caderno.
  • Práctica de dúas variantes básicas de encadernación vista, Yotsume Toji (de catro buracos) e Asa No Ha Toji (folla de cáñamo) utilizadas para dar estrutura ao caderno, reforzando o lombo, á vez que o embelece, formando o fío parte do deseño.
  • Proceso de creación: preparación dos papeis ou tripa, das cubertas e do patrón do cosido.
  • Encadernación escollida e fixación de elementos finais.

DOCENTE: MÓNICA PORTELA

Mónica Portela, de tocaMadera, proxecto adicado á encadernación artesanal de álbumes e cadernos con cubertas de madeira recuperada. Coso da maneira en que se facía hai séculos e coso pezas únicas, pola natureza dos materiais que utilizo, ademais de crear todo tipo de obxectos e para iso, explorar diferentes disciplinas artísticas.

http://www.facebook.com/tocamaderagalega
http://www.instagram.com/tocamaderagalega
http://www.tocamaderagalega.etsy.com

DESTINATARIAS

Todas aquelas persoas con ganas de achegarse á encadernación e a todas as súas posibilidades, que busquen dedicarse un tempo para conectar coas súas capacidades creativas e explorar as súas habilidades manuais. Non fai falta saber coser nin ter coñecementos específicos sobre a técnica.

MATERIAL INCLUÍDO NO OBRADOIRO

  • Papel artesanal, reciclado e doutros gramaxes.
  • Plegaderas, bruñidores e superficies de protección.
  • Agulla de encadernar de punta roma e fío encerado.
  • Trade eléctrico ou perforadores manuais.
  • Lapis, regra, punzóns, tesoiras e cutter.
  • Pinceis e cola.

NECESIDADES

Ganas, moitas ganas! 🙂

POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN

A anulación do curso debe ser realizada presencialmente pola persoa inscrita en Unitaria ou a través de queroaprender@escolaunitaria.com
As cancelacións de cursos poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.
O importe non se devolverá nos caso de se o alumno/a decide deixar de asistir ao curso/obradoiro/evento unha vez comezado, calquera que sexa a causa.
O tempo estimado para a devolución do importe dun curso abonado por Internet, xa sexa por vontade do usuario ou por unha cancelación (e conforme ás condicións descritas), será de 24 a 48 horas desde a notificación da operación por parte da Unitaria.

POLÍTICA DE CANCELACIÓN

Unitaria resérvase o dereito de suspender o curso/obradoiro/evento ou modificar as datas e horarios indicados dependendo do número de alumnos matriculados, nese caso comunicarase a forma de devolución do importe abonado.

INSCRICIÓN: un correo cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar: