LETTERING PARA PIZARRAS E CRISTAIS

  • Impartido por: Nacu

  • Nivel: Inciación

  • Duración: 4h

  • Horario: de 10:00h a 14:00h

  • N.º de prazas: 12

  • Cuota de inscrición: 90€ (materiais incluídos)

  • Datas: 29 de outubro de 2022

  • 10% de desconto se formas parte da Asoc. de Comerciantes do Barrio de San Pedro.

INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:

DESCRICIÓN

¿Queres ter un escaparate que a xente se pare a mirar?
¿Gústache mimar os detalles?
¿Morres por ter o menú do día máis molón da rúa?
¿É o teu negocio un espacio no que pones moito agarimo?

¡Entón este é o teu curso!

Neste taller aprenderás a iniciarte no mundo das letras para o teu negocio

¡É máis doado do que parece!

PROGRAMA

Coñeceremos distintos tipos de soporte e diferentes materiais que podedes usar para facer as vosas pizarras, escaparates, etiquetas ou calquera outra cousa que necesite da escritura.

Aprenderás a facer unha caligrafía moi básica que será o esqueleto das letras. Veremos distintos elementos decorativos que vos axudarán a facer máis rechamante os vosos deseños, aprenderemos regras básicas de composición e algúns truquiños e consellos.

Remataremos o taller cun proxecto persoal sobre unha pizarra

DOCENTE: Nacu

Calígrafa e diseñadora gráfica

Nacu en instagram

DESTINATARIAS

Persoas con negocios que queran aprender a sacar partido das súas pizarras/cristais… etc, e calquera que teña inquedanza por aprender a facer lettering sobre pizarra e outros materiais.

MATERIAL INCLUÍDO NO OBRADOIRO

Ademáis do material que usaremos no obradoiro, levaredes para casa un pack para cada un de vós no que vai incluído:

· Rotulador de tiza branco
· Lapis branco
· Tizas (brancas e de cores)
· Afila grande
· Cinta de pintor
· Pizarra

NECESIDADES

Moitas ganas, trae moitas ganas 🙂

POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN

A anulación do curso debe ser realizada presencialmente pola persoa inscrita en Unitaria ou a través de queroaprender@escolaunitaria.com
As cancelacións de cursos poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.
O importe non se devolverá nos caso de se o alumno/a decide deixar de asistir ao curso/obradoiro/evento unha vez comezado, calquera que sexa a causa.
O tempo estimado para a devolución do importe dun curso abonado por Internet, xa sexa por vontade do usuario ou por unha cancelación (e conforme ás condicións descritas), será de 24 a 48 horas desde a notificación da operación por parte da Unitaria.

POLÍTICA DE CANCELACIÓN

Unitaria resérvase o dereito de suspender o curso/obradoiro/evento ou modificar as datas e horarios indicados dependendo do número de alumnos matriculados, nese caso comunicarase a forma de devolución do importe abonado.

INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar: