
INICIACIÓN AO TUFTING GUN
INSCRICIÓN: un correo cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:
DESCRICIÓN
A pistola Tufting é unha ferramenta eléctrica que permite crear tapices de la de gran formato en pouco tempo.
Propoñémosche un obradoiro no que poderás facer o teu pequeno tapiz mentres probas o manexo da pistola.
Trátase dun obradoiro de iniciación, co que o principal obxectivo é que o alumno abandone o obradoiro aprendendo a manexar a ferramenta.
Hai dous tipos de Tufting gun, de bucle e de corte, no obradoiro probaremos os dous, veremos que o manexo é case o mesmo pero o resultado en canto a texturas é moi diferente.
PROGRAMA
- Breve presentación de quen somos, como descubrimos esta ferramenta, que posibilidades nos ofrece no noso proxecto artístico.
- Como colocamos o tecido base no marco (primeiro paso e algo decisivo para que a ferramenta funcione correctamente)
- Propoñemos un deseño (orientamos ao alumno para que faga un deseño factible para esta ferramenta, todas as ideas son válidas pero para iniciarse na técnica hai formas máis complexas que imos evitar)
- Facemos a selección de fíos e cores que servirán para facer o teu tapiz. Tomaremos diferentes calidades de la para ver todas as texturas que podemos conseguir cunha mesma ferramenta. La, la acrílica, chenilla, la fantasía, etc.
- Temos 4 ferramentas (dúas de bucle e dúas de corte) Dous alumnos comezarán con corte e os outros con bucle, practicarán un tempo e despois intercambian as ferramentas para que os 4 vexan as diferenzas.
- Rematamos a peza cun ferro e entretela adhesiva.
DOCENTES
Twee Muizen somos dous, Cris e Denís. Cris estudou deseño de moda e Denís belas artes.
Comezamos este proxecto en Amsterdam en 2010 de aí o nome, dous ratos en holandés. En todo este tempo o noso traballo foi evolucionando e medrando connosco, traballamos dende a arte mural participando en festivais como o Blind Walls Galery de Breda, ou o Festival Asalto de Zaragoza ata a arte téxtil expoñendo o noso traballo en lugares como o Instituto Cervantes de Berlín da man de Pictoplasma. Aínda que somos dous, sempre asinamos co mesmo nome xa que despois de tantos anos inflúennos mutuamente e conseguimos conxugar as dúas creatividades enmarcadas nun aura surrealista e onírica.
DESTINATARIAS
As ferramentas teñen un peso e unha velocidade que cremos que é o que pode delimitar un pouco as idades, non o vemos moi recomendable para os nenos, quizais sexan maiores de idade e sen límite.
MATERIAL INCLUÍDO NO OBRADOIRO
Marcos, la, teas, mechones, etc., todo o necesario para facer o tapiz.
NECESIDADES
Ganas, moitas ganas! 🙂
POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN
A anulación do curso debe ser realizada presencialmente pola persoa inscrita en Unitaria ou a través de queroaprender@escolaunitaria.com
As cancelacións de cursos poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.
O importe non se devolverá nos caso de se o alumno/a decide deixar de asistir ao curso/obradoiro/evento unha vez comezado, calquera que sexa a causa.
O tempo estimado para a devolución do importe dun curso abonado por Internet, xa sexa por vontade do usuario ou por unha cancelación (e conforme ás condicións descritas), será de 24 a 48 horas desde a notificación da operación por parte da Unitaria.
POLÍTICA DE CANCELACIÓN
Unitaria resérvase o dereito de suspender o curso/obradoiro/evento ou modificar as datas e horarios indicados dependendo do número de alumnos matriculados, nese caso comunicarase a forma de devolución do importe abonado.