CAÑAS & TIPOS

  • Día: 27 de setembro 2025

  • Horario: sábado ás 18:00h

  • Entrada libre ata completar aforo

  • Lugar: Unitaria

DESCRICIÓN

Cañas & Tipos é o evento tipográfico-festivo autoxestionado que comezou na cidade de Valencia no ano 2013, coa súa sede fixa na seiscuatro. O evento foise celebrando noutras cidades como Madrid ou Palma de Mallorca.

O evento naceu de quedadas informais ao redor dunha mesa de bar e unhas cañas para comentar probas impresas de tipografías propias, espécimes e libros. A partir deste comezo, foi medrando e evolucionando nun evento que ofrece charlas, sorteos, typecrits, mostras de libros e cervexas.

Cada evento adoita ter o seguinte formato: invítanse a dous profesionais relacionados coas letras a falar uns 20 minutos sobre o que lles apeteza (sempre relacionado coa tipografía) cunha pausa no medio para a pertinente hidratación maltosa.

Tras as charlas, ten lugar o xa mítico ¡Tipobingo!; por cada consumición que realices no evento, entras no sorteo de diferentes packs, principalmente material achegado por tipógrafos, calígrafos e persoas próximas á organización.

Isto pon punto final á “actividade oficial”, pero a febre letrística fai que os asistentes compartan os seus proxectos de tipografía, caligrafía ou o que lles guste, de maneira informal e sempre cunha caña na man.

NESTA EDICIÓN:

Empezamos o curso con ganas de festa! ☀️ O sábado 27 de setembro, ven celebrar con nós o inicio da temporada 11 de Cañas e Tipos.

Podemos resumir o programa do día cun A-B-C, Ana e Berto en Compostela. Unha xornada tipografico-festiva na Unitaria cos polifacéticos @anamoliz (deseño-tipografía-edición-docencia) e @bertofojo (arte-ilustración-deseño-docencia).

Haberá letras, cervexa, música, petiscos, sorteos e boa xente. Desta volta vémonos pola tarde, ás 18:00.

✨ Gráfica de @dani.el.pino

#cañasetipos #cañasytipos #tipografia #letras #lettering #diseño #ilustracion #deseño #editorial #arte

OBRADOIRO TIPOGRAFÍA EXPERIMENTAL APLICADA AO DESEÑO EDITORIAL POLA MAÑÁ