
FESTA DA MAFIA
Unitaria estará aberta o sábado de 17h a 19h para quen se queira maquillar de balde grazas ao alumnado de Estudio 1917.
O mundo está cambiando, as leis están cambiando, as drogas están cambiando e tamén os roles de poder…
Recentemente estanse a manifestar cambios bruscos entre as xerarquías das principais familias Italianas, Santiago está que arde…
Este sábado 26 de novembro están previstas unha serie de reunións dos principais dirixentes da Cosa Nostra no BLASTER e por outra banda da Camorra napolitana no MAYCAR.
Estas reunións son o desencadeante dunha ola de chupitos e cocteles en todos os garitos da cidade, como o ATLÁNTICO que avogan pola legalización do alcohol e da cultura nos bares.
Está sendo tan forte a situación que algúns medios chegaron a comparar algún local coma o LUCILLE coa película Sin City.
Inda que non é unha competición os sicarios Irlandeses da CASA DAS CRECHAS e máis O´FLANAGAN´S levan xa 15 días consecutivos sen parar de beber, sobre todo cervezas especiais e licor café que compran ao por maior de expraperlo aos Portugueses do ALBAROQUE.
Se manexan todo tipo de sustancias ilegais coma o tabaco ,que circula libremente polo FLOR DE TOXO, o mercado está sobresaturado,as últimas redadas dan constancia de abundancia de polvo de hadas e sangue de Leprechaun no AVALON e inchuso tráfico de organos humanos e carne de vaca Sagrada no GRAMOLA.
É tanto o descontrol que se practican rituais con Mariguana no PARAISO PERDIDO, co chamán Dj Mil ao cargo xa teñen a sona nesa praza da Mafia do Metaverso.
Por outro lado a outra mafia reinante nas sombras, Os Yacuzzas han aumentado tamén o número de resacas no CURRUNCHO e tamén co aliciente de consumo de Ramén ilegal no MIUDO.
Esos rituais para algúns fora de lugar teñen os seus encontros ,ademáis ,con bailes de charleston e demáis formatos prohibidos no SECULO IX.
Por suposto dende a sede da Sgae situada la ESCOLA UNITARIA a través do Spoti Faif están a sacar pingues peneficios da situación, que despois malgastan con despiporre e alebosía no casino O MEDUSA rexentado por Blanca Pone .
Santiago está tan corrupto que ata hay en proceso unha nova Deputación de Ourense traficando con viño e pulpo no XUNTANZA.
Tamén entre as sombras se moven os vampiros Vulturis polo CAMALEA e os vampiros da Habana, instalados na BORRIQUITA DE BELEM co seu famoso elixir ¨vampisoul¨ que lles permite aos vampiros expoñerse a luz do sol e poder así acabar en todos os mañaneos da cidade.
Dende a sede de orden e progreso de este periódico seguiremos informando en riguroso directo o SABADO 26 DE NOVEMBRO.
E lembrem que ou están con nos ou están contra nos.
¡¡¡¡¡DISFRÁZATE O PLOMOOOO!!!!!!