COROAS NADAL

  • Impartido por: Monte das Flores

  • Nivel: Inciación

  • Duración: 3,5h

  • Horario: de 10:00h a 13:30h

  • N.º de prazas: 10

  • Cuota de inscrición: 65€

  • Datas: 11 de decembro de 2021.

INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:
QUERO FACER ESTE OBRADOIRO!

DESCRICIÓN

Faremos unha coroa de nadal sobre unha base de palla empregando flores secas e preservadas. Levarás para casa unha preciosa coroa feita por ti, duns 45 cm de diámetro para deixar atónit*s a tod*s este nadal.

PROGRAMA

1. Cómo cubrir a base con elementos vexetais
2. Pequeno almorzo
3. Cómo decorar a coroa

DOCENTE: Julia Besada Viñas

Son florista autodidacta e Product Designer. O meu perfil de instagram é @monte.das.flores

DESTINATARIAS

Persoas interesadas na decoración empregando elementos naturais.

MATERIAL INCLUÍDO NO OBRADOIRO

Base de palla, tesoiras, alambre, flores e lazos.

NECESIDADES

Moitas ganas, trae moitas ganas 🙂

POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN

A anulación do curso debe ser realizada presencialmente pola persoa inscrita en Unitaria ou a través de queroaprender@escolaunitaria.com
As cancelacións de cursos poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.
O importe non se devolverá nos caso de se o alumno/a decide deixar de asistir ao curso/obradoiro/evento unha vez comezado, calquera que sexa a causa.
O tempo estimado para a devolución do importe dun curso abonado por Internet, xa sexa por vontade do usuario ou por unha cancelación (e conforme ás condicións descritas), será de 24 a 48 horas desde a notificación da operación por parte da Unitaria.

POLÍTICA DE CANCELACIÓN

Unitaria resérvase o dereito de suspender o curso/obradoiro/evento ou modificar as datas e horarios indicados dependendo do número de alumnos matriculados, nese caso comunicarase a forma de devolución do importe abonado.

INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:
QUERO FACER ESTE OBRADOIRO!