
Capoeira Angola
INSCRICIÓN: un correo cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:
DESCRICIÓN
Capoeira Angola é un arte, danza e loita que incorpora expresión corporal en movimentos específicos, pero infinitamente variados. É un diálogo de corpos, no cal se pregúnta e se responde a través da improvisación corporal ao ritmo da música ao vivo e todo misturado co humor, picardía, axilidade, inxenio, …
PROGRAMA
Desde o primeiro momento ímonos adentrar na práctica de destrezas físicas que serán precisas para logo poder “xogar” a Capoeira Angola: elasticidade, coordinación, equilibrio, observación, reactividade, autodominio, axilidade, mellora do tono muscular pola autocarga, escoita activa, …
Ese traballo irá mexturado con reflexións sobre a dimensión global desta práctica. Lembremos que esta disciplina foi a que consigueu liberar aos exclavos e ten obxectivos de peso como trasfondo:
– Vivir en igualdade e con respecto mútuo.
– Dominar o diálogo corporal.
– Fluír na improvisación.
– Xerar unha maior proactividade e autonomía persoal.
– Mellorar as nocións de espazo, tempo e ritmo.
– Filosóficamente, entender o valor de disentir sen violencia.
– Marcar limítes con asertividade.
– Achegarse a unha cultura moi diferente como unha vía de autocrecemento.
– Entender o xogo como metáfora da vida.
– Prepararnos para vivir situacións dificiles do mellor xeito posible.
Coa práctica os beneficios físicos fanse obvios:
– Mellora o ton muscular en todo o corpo, especialmente na zona abdominal.
– Incrementase o equilibrio e a coordinación.
– Aumentan os reflexos e mellora a capacidade de reacción.
– Mellora o sistema cardiovascular e o funcionamiento das vísceras.
– Mellora o rendemento cerebral e agudiza a atención.
– Incrementa o vigor físico e a vitalidade.
DOCENTE
Paulo Sergio da Silva Lima é orixinario de Salvador de Bahía, practicante de Capoeira Angola desde vai 20 anos e profesor desde vai 15. Formouse co Mestre Bartelo e co Mestre Boca do Río, cos grupo Zimba e Angoleiros da Serra. Formou a súa propia academia: Capoeira Angola Bati Facho no 2007, que segue activa na actualidade e dirixida por antigos alumnos del.
Ven de impartir Capoeira Angola tamén en Güatemala, Nicaragüa, Panamá, Bélxica, Holanda…
Desde Marzo do 2019 traballa e reside en Santiago de Compostela.
DESTINATARIAS
Calquera que desexe mellorar a súa forma física, con gañas de sentirse mais capaz de asumir retos e mais seguro en xeral.
Levamos 15 anos formando a persoas da terceira idade, nenos, mozos e adultos de todas a idades e tamaños, de todos os perfiles, incluídas persoas en risco de exclusión social por drogodependencias, discapacitados físicos e mentais. Polo que podemos afirmar que se pode partir desde calquera nivel e sentir unha mellora sustancial tanto a nivel corporal como mental coa práctica regular.
NECESIDADES
Roupa cómoda e calzado deportivo pouco voluminoso.
MATERIAL INCLUÍDO
Instrumentos (a partir do terceiro mes de práctica regular): berimbaos, pandeiros, reco-recos, atabaques, agogôs…
POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN
A anulación do curso debe ser realizada presencialmente pola persoa inscrita en Unitaria ou a través de queroaprender@escolaunitaria.com
As cancelacións de cursos poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.
O importe non se devolverá nos caso de se o alumno/a decide deixar de asistir ao curso/obradoiro/evento unha vez comezado, calquera que sexa a causa.
O tempo estimado para a devolución do importe dun curso abonado por Internet, xa sexa por vontade do usuario ou por unha cancelación (e conforme ás condicións descritas), será de 24 a 48 horas desde a notificación da operación por parte da Unitaria.
POLÍTICA DE CANCELACIÓN
Unitaria resérvase o dereito de suspender o curso/obradoiro/evento ou modificar as datas e horarios indicados dependendo do número de alumnos matriculados, nese caso comunicarase a forma de devolución do importe abonado.