
BOTAFOGO

DESCRICIÓN DO ESPECTÁCULO
Botafogo di:
Todas as miñas miserias musicais aquí. Tropicalismo e muiñeira guaraní nunha viaxe cantada a berros pola ruta Verín-Salcedo-Pontevedra-Vigo-Lisboa-Santos-SãoPaulo-Salvador de Bahía-Ilhéus, seguindo o rastro que deixou B.F. ata atopalo, devoralo e vomitalo en forma de melodías gostosas, viu?
“Tupi or not tupi, that ́s the question”. Manifesto antropógafo, Oswald de Andrade (1928).
Tamén:
É un proxecto musical xerado a partir de varias viaxes transoceánicas a Brasil e Arxentina entre 2015 e 2019, e que deron como resultado unha peza de teatro titulada Salvador e unha ristra de cancións que toman forma de cacao en Botafogo.
Din por ahí:
Nesta segunda segunda entrega da tropicalia persoal de Borja Fernández (guitarra, voz e cacharrada), na compaña de Laura Iturralde (visuais), eles nos ofrecen unha viaxe de ida e volta ao Brasil a través do percorrido dun foraxido de Verín. Acordes que brincan nunha capoeira progresiva e un carrousel de imaxes que van desde o barco no que fuxiu B.F., as suas obsesións e os seus amores, e sobre todo, todas esas cousas que nunca contou a ninguén son as que imos cantar coa voz no alto.
Borja Fernández
Colabora co Grupo Chévere desde o 2003, así como os recentes #Ultranoite_111 e N.E.V.E.R.M.O.R.E.
Membro do grupo Es un árbol e do colectivo Metamovida.
Colabora con Laura Iturralde desde o 2013, xirando varias veces por España, Portugal e Brasil cos espectáculos Barbazul e Salvador.
Actor, músico e persoa inqueda, viviu nos últimos 4 anos entre Bos Aires, São Paulo, Nova York e Santiago de Compostela ampliando os seus estudios sobre as artes escénicas.
Laura Iturralde
Traballa como iluminadora, escenógrafa e videocreadora con múltiples proxectos escénicos, artistas ou compañías como Mercedes Peón, Brigitte Vasallo, A Quinta do Cuadrante, Centro Dramático Galego, Cía Borja Fernández, ou Pálido Domingo.
Desenvolve tamén o seu traballo máis persoal nos proxectos de música con visuais como Corvax e en instalacións como Fenda ou Centinela.
POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN
A anulación da reserva de entradas debe ser realizada presencialmente pola persoa inscrita en Unitaria ou a través de queroaprender@escolaunitaria.com
As cancelacións da reserva de entradas poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe da reserva de entradas.
O importe non se devolverá nos caso de se o asistente/a decide deixar de asistir ao curso/obradoiro/evento unha vez comezado, calquera que sexa a causa.
O tempo estimado para a devolución do importe dun curso abonado por Internet, xa sexa por vontade do usuario ou por unha cancelación (e conforme ás condicións descritas), será de 24 a 48 horas desde a notificación da operación por parte da Unitaria.
POLÍTICA DE CANCELACIÓN
Unitaria resérvase o dereito de suspender o curso/obradoiro/evento ou modificar as datas e horarios indicados dependendo do número de alumnos matriculados, nese caso comunicarase a forma de devolución do importe abonado.