
A DRAMATURXIA DO PROPIO
INSCRICIÓN: un correo cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:
DESCRICIÓN
O obxectivo deste taller de creación de tres días é nutrir, profundar e facer avanzar a idea inicial dun posible proxecto escénico a partir de material propio e do universo único de cada participante.
Como o faremos? A través de exercicios de improvisación e escritura, e de ferramentas dramatúrxicas que serán útiles para a creación e organización do material escénico e da acción dramática. Ademais buscaremos poñer esas primeiras ideas no espazo escénico en colaboración con outras creadoras nun ambiente seguro, de xogo e inspiración mutua.
Ao final do taller cada participante terá unha idea máis clara da forma e do contido da súa obra e poderá verter os seus recursos e ideas no inicio dun traballo xa máis desenvolvido que servirá como un protipo da obra futura.
DOCENTE: NOEMÍ RODRÍGUEZ
Noemi Rodríguez: Directora de escena, dramaturga e referente do teatro contemporáneo español
Noemi Rodríguez é directora de escena, dramaturga, intérprete, pedagoga e asesora de procesos creativos, recoñecida como unha das figuras máis destacadas do teatro contemporáneo español. Fundadora e codirectora artística de Teatro En Vilo, galardoado co Premio Ojo Crítico de Teatro 2019, a súa traxectoria está marcada pola excelencia e a innovación.
Formouse na ESAD de Galicia, onde obtivo matrícula de honra, e continuou os seus estudos cun máster en Artes Escénicas na Universidade de Vigo e un curso de posgrao na London International School of Performing Arts, grazas á prestixiosa Beca Fundación Barrié de la Maza.
Noemi desenvolveu proxectos artísticos en países como Francia, Portugal, Inglaterra, Estados Unidos, Turquía e India, traballando para institucións como o Centro Dramático Nacional e o Centro Dramático Galego. Entre as súas obras máis destacadas atópanse:
- •“Blast”, “La Distancia” e “Man Up” (Centro Dramático Nacional).
- •“Terceiro Acto” (Centro Dramático Galego).
- •As multipremiadas “Interrupted”, “Generación Why” e “Hoy Puede Ser Mi Gran Noche” (Teatro En Vilo).
A súa obra foi representada en escenarios de prestixio como o Edinburgh Fringe Festival, o Festival de Otoño ou a MIT de Ribadavia, recibindo premios como o Premio do Público do Fringe de Praga e o Premio do Xurado da Feira Ibérica de Fundao.
Como docente, impartiu cursos e conferencias en universidades e centros culturais de renome, como Oxford, Boloña, Calcuta, o Centro Dramático Nacional e o Festival Clásicos de Alcalá.
Máis información sobre a súa traxectoria en:
Noemi Rodríguez – Teatro En Vilo
DESTINATARIAS
A actrices, actores, directores-as, dramaturgos-as, estudantes de artes escénicas e a todas aquelas persoas interesadas na interpretación e creación escénica.
NECESIDADES
Os participantes deberán traer: roupa cómoda, libreta boli, e ganas, moitas ganas.
POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN
A anulación do curso debe ser realizada presencialmente pola persoa inscrita en Unitaria ou a través de queroaprender@escolaunitaria.com
As cancelacións de cursos poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.
O importe non se devolverá nos caso de se o alumno/a decide deixar de asistir ao curso/obradoiro/evento unha vez comezado, calquera que sexa a causa.
O tempo estimado para a devolución do importe dun curso abonado por Internet, xa sexa por vontade do usuario ou por unha cancelación (e conforme ás condicións descritas), será de 24 a 48 horas desde a notificación da operación por parte da Unitaria.
POLÍTICA DE CANCELACIÓN
Unitaria resérvase o dereito de suspender o curso/obradoiro/evento ou modificar as datas e horarios indicados dependendo do número de alumnos matriculados, nese caso comunicarase a forma de devolución do importe abonado.












