AZUL PRUSIA. LABORATORIO DE CIANOTIPIA

  • Impartido por: 7H COOP

  • Nivel: Inciación

  • Duración: 8h

  • Horario: de 10:00h a 14:00h e de 16:00h a 20:00h

  • N.º de prazas: 10

  • Cuota de inscrición: 65€

  • Datas: 14 de marzo de 2020

INSCRICIÓN: un correo cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:

DESCRICIÓN

A cianotipia é un proceso de revelado fotográfico monocromo creado no 1842 en Inglaterra polo astrónomo Sir John Herschel e popularizado pola botánica Anna Atkins tan só un ano despois.

Este procedemento, relativamente sinxelo e económico, permítenos obter copias dunha imaxe reveladas no seu característico azul prusia, o que se consegue por medio da acción fotoquímica da luz ultravioleta en contacto con superficies previamente sensibilizadas.

Empregada habitualmente ata comezos do século XX, rexurde en torno a fotografía e a creación contemporanea da man das artistas da década de 1960, namoradas das súas caracerísticas expresivas e das posibilidades que ofrece.

Neste laboratorio coñeceremos as orixes de esta curiosa técnica e experimentaremos creando os nosos propios cianotipos, para o que buscaremos inspiración na natureza e na arte contemporánea.

 

PROGRAMA

1. Breve introdución á historia da Fotografía e ao descubrimento da Cianotipia. Posibilidades para a creación contemporánea.
2. Introdución práctica á técnica da Cianotipia:
– Solucións químicas, preparación e necesidades.
– Sensibilización do papel
– Insolación.
– Revelado.
3. Experimentación artística e Cianotipia: bloque práctico.

DOCENTE: 7H COOP

7H Cooperativa Cultural é un proxecto de autoemprego colectivo e un modelo de xestión empresarial baseado na economía social. Aspiramos a xerar un modelo de participación que, desde a educación artística, a creación contemporánea e a comunicación cultural fomente o diálogo, o recoñecemento e a visualización da diversidade cultural, promovendo a transformación colectiva do noso contexto.

A educación artística é para nós un proceso intelectual de aprendizaxe que se apoia en grandes dosis de experimentación, buscando como fin último potenciar a capacidade crítica e creativa das persoas participantes, tanto de xeito individual como colectivo.

A trasmisión de coñecementos, das linguaxes artísticas e das técnicas e ferramentas vinculadas a elas, é unha parte da nosa metodoloxía transversal, unha forma de traballar nun mesmo plano de igualdade que forma parte do que nos denominamos #CREATIVIDADECOOPERATIVA.

DESTINATARIAS

O obradoiro está dirixido a persoas de máis de 15 anos interesadas en experimentar a creación a través da técnica da cianotipia.

NECESIDADES

Roupa cómoda e que podan manchar e elementos naturais recollidos para empregar na súa cianotipia (esto último é opcional xa que as posibilidades do xogo cas transparencias e tramas son ilimitadas, en todo caso nós levaremos material suficiente para que experimenten)

POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN

A anulación do curso debe ser realizada presencialmente pola persoa inscrita en Unitaria ou a través de queroaprender@escolaunitaria.com
As cancelacións de cursos poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.
O importe non se devolverá nos caso de se o alumno/a decide deixar de asistir ao curso/obradoiro/evento unha vez comezado, calquera que sexa a causa.
O tempo estimado para a devolución do importe dun curso abonado por Internet, xa sexa por vontade do usuario ou por unha cancelación (e conforme ás condicións descritas), será de 24 a 48 horas desde a notificación da operación por parte da Unitaria.

POLÍTICA DE CANCELACIÓN

Unitaria resérvase o dereito de suspender o curso/obradoiro/evento ou modificar as datas e horarios indicados dependendo do número de alumnos matriculados, nese caso comunicarase a forma de devolución do importe abonado.

INSCRICIÓN: un correo cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar: