VIVIR RODANDO

OBRADOIRO DE DIRECCIÓN DE CINEMA

  • Impartido por: Alfonso Zarauza

  • Duración: 20 horas (5 días)

  • Horario: de 10:30h a 14:30h

  • N.º de prazas: 12

  • Cuota de inscrición: 130€ ata o 4 de xuño, 150€ do 4 de xuño en adiante.

  • Inclúe auga, café, té, doces e froita durante todo o obradoiro.

  • Datas: do 4 ao 8 de xullo de 2022

INSCRICIÓN: un correo cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:

DESCRICIÓN

O obradoiro consistirá en desentrañar todas as cuestións estéticas, técnicas, discursivas, financieiras e marquetinianas que interveñen no longo proceso de construcción dun filme. Todo fundamentarase a través da deconstrucción minuciosa de cada un dos cinco filmes, coa pormenorizada análise e visionado dos mesmos. Cada un dos cinco filmes corresponde a unha etapa e un período vital e creativo. Ademais do visionado a información complementarase coa aportación de material real dos propios filmes como guions literario e técnico, plans de traballo, pantones colorimétricos, story boards ou cartaces promocionais…

PROGRAMA

PRIMEIRO DÍA: A ÓPERA PRIMA

A NOITE QUE DEIXOU DE CHOVER (2007)
A película de dous millóns de euros que naceu en Hollywood no ano 2006 e se converteu nun absoluto fracaso.

1-O guion da noite que deixou de chover. Premio en Los Angeles no LALIFF. Desenrolo do proxecto en Hollywood con Ben Odell e Bobette Buster.
2-Financiación: película estándar na era na que todas as pelis custaban dous millóns de euros (AGADIC/TVG/ICAA) antes da crise do 2008.
3-A búsqueda do talento: Reparto con Luis Tosar e Nora Tschirner. Pero tamén Chete Lera, Mercedes Sampietro e Miguel de Lira.
4-Rodaxe dunha ópera prima. Sete semanas e media de rodaxe toda de noite e con choiva. Fundamentos estéticos do filme: peli filmada en 35 milímetros.
5-Estrea na Seminci de Valladolid e en Viña del Mar (Chile). Premio mellor director en Viña del Mar.
6-A crise do 2008. Quedei empufado de por vida. A ruina.

SEGUNDO DÍA: A REINVENCIÓN. A PELI INDIE

ENCALLADOS (2012)
A peli de cen mil euros

1-Erguerte despois do fracaso. Os Zopis, o pufo de facenda, a sensación de fracaso na vida e no cine e a serie O nordés.
2-O guion de Encallados.
3-Como facer unha peli en 10 días e con 90 mil euros
4-O reparto de andar por casa: Abonjo, De Barreiro e Fede.
5- Rodar en 16 milímetros e en branco e negro
6-Como mover unha peli non estándar sen cartos e sen distribuidora e convertela nunha peli de culto.

TERCEIRO DÍA: A PELI DE CONSAGRACIÓN

OS FENÓMENOS (2013)
A peli estándar con actores de renome para vender nas teles

1-Guion de Os fenómenos: Oito versións de guion. A peli social
2-Financiación. Peli de 800 MIL EUROS (AGADIC+TVG+ICAA+TVE). Antena 3 si ou non.
3-Crear unha produtora para estar na toma de decisións: Maruxiña Film Company.
4-Reparto. Actores de Madrid versus actores galegos. Lola Dueñas, Luis Tosar e Juanca Vellido. Miguel de Lira, Abonjo, Touriñán, Ledicia Sola.
5-Fundamentos estéticos. As cores frías.
6-Sección oficial en Málaga.
7-Estrea en 35 festivais do mundo. Axente de ventas internacionais. Media luna (Colonia)
8-Estrea en salas na carteleira comercial. Distribución Surtsey films. 6 semanas en carteleira en 35 cidades españolas.
9-Emisión en TVG e TVE

CUARTO DÍA: A PELI DE AUTOR

ONS (2019)
A peli autoral e persoal

1-Guion de Ons. Dez versións de guion ao longo de tres anos.
2-O reparto de Ons. Aposta por actores e equipo enteiramente galego.
3-Financiación: A coproducción internacional. Galicia/Portugal/Bélxica. A primeira peli enteiramente de Maruxiña film company. A caída do productor belga, a piques de afundir o proxecto: Xavi Font.
4-Fundamentos estéticos de Ons
5-O plano secuencia e o fóra de campo.
6-Rodaxe nunha illa baixo cinco temporais.
7-Estrea en sección oficial en Sevilla en plena pandemia
8-Estrea en salas en plena segunda ola. 18 de decembro de 2020. Distribuidora BTeam. Cartaz de Desescribir premio Laus Barcelona ao mellor cartaz español. Axudas a distribución da Deputación da Coruña.

QUINTO DÍA: A PELI DE PÚBLICO

MALENCOLÍA (2021)
A peli de público

1-Guion de Malencolía
2-Financiación. TVmovie.
3-Rodaxe en trece días rodeados de 17 vacas e un touro.
4-Fundamentos estéticos: Bleach by pass e a cámara en man
5-Estrea en salas: Distribuidora Baños films. Cartaz de Borja Santomé. 24 salas de cine de Galicia + 8 cidades españolas e internacionais.
6-Conclusións xerais. Vivir rodando.

DOCENTE: ALFONSO ZARAUZA

Alfonso Zarauza produtor, guionista e director de cinco longametraxes de ficción, unha longametraxe documental, duas series de trece capítulos e mais de vinte curtas e pezas experimentais, analiza e desengrana pormenorizadamente seguindo cronolóxicamente cada unha das súas cinco longametraxes e as súas circunstancias orzamentarias e vitais.

DESTINATARIAS

Os destinatarios serán todos os profesionais do audiovisual ou de calquera outra disciplina artística que desexen experimentar unha aproximación real ao que é a creación dun filme dende parámetros creativos, discursivos e financieiros. Todos os cortometraxistas que queiran dar o paso a unha longametraxe. Alumnos de comunicación audiovisual, belas artes ou arte dramática interesados na prasis fílmica.

NECESIDADES

Os participantes deberán traer o que consideren para tomar notas.

POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN

A anulación do curso debe ser realizada presencialmente pola persoa inscrita en Unitaria ou a través de queroaprender@escolaunitaria.com
As cancelacións de cursos poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.
O importe non se devolverá nos caso de se o alumno/a decide deixar de asistir ao curso/obradoiro/evento unha vez comezado, calquera que sexa a causa.
O tempo estimado para a devolución do importe dun curso abonado por Internet, xa sexa por vontade do usuario ou por unha cancelación (e conforme ás condicións descritas), será de 24 a 48 horas desde a notificación da operación por parte da Unitaria.

POLÍTICA DE CANCELACIÓN

Unitaria resérvase o dereito de suspender o curso/obradoiro/evento ou modificar as datas e horarios indicados dependendo do número de alumnos matriculados, nese caso comunicarase a forma de devolución do importe abonado.

INSCRICIÓN: un correo cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar: