
PHOTOSHOP DENDE CERO
INSCRICIÓN: un correo cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:
DESCRICIÓN
Aprende a photoshopear coa ferramenta líder do mercado: coñecemento da interface do programa, as ferramentas de traballo, as súas posibilidades en canto a retoque fotográfico, cor, pintura, selección de obxectos e modificación dos mesmos, importar e exportar arquivos, traballar con texto, efectos especiais e impresión…
PROGRAMA
#1
– Paseo xeral polos menús de Photoshop
– Entendendo conceptos como resolución, mapa de bits e formatos de arquivo
– Enderezar e recortar imaxes
#2
– Diferentes maneiras de seleccionar zonas da imaxe
#3
– Traballando con capas, canais e trazados
#4
– Reparando/retocando imaxes antigas
#5
– Adaptando un anuncio a diferentes medidas
– Adaptando un cartel a diferentes medidas
#6
– Efectos especiais
– Formatos especiais: bitonos, transparencias…
– Corrección de cor
#7
– Repaso
– Traballando coas accións
#8
– Recursos externos
– Photoshop para imprenta
– Photoshop para a web
DOCENTE: Iñaki Quenerapu
Evanxelizador dixital e profesor de tecnoloxía para a educación. Deseña e constrúe sitios web desde 1996. Desfruta ensinando e o fai con paixon, humor e entusiasmo.
Web: quenerapu.com
Twitter/Instagram/
DESTINATARIAS
Xente con ganas de APRENDER a photoshopear.
NECESIDADES
Necesario traer un portátil con Adobe Photoshop instalado e ratón.
POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN
A anulación do curso debe ser realizada presencialmente pola persoa inscrita en Unitaria ou a través de queroaprender@escolaunitaria.com
As cancelacións de cursos poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.
O importe non se devolverá nos caso de se o alumno/a decide deixar de asistir ao curso/obradoiro/evento unha vez comezado, calquera que sexa a causa.
O tempo estimado para a devolución do importe dun curso abonado por Internet, xa sexa por vontade do usuario ou por unha cancelación (e conforme ás condicións descritas), será de 24 a 48 horas desde a notificación da operación por parte da Unitaria.
POLÍTICA DE CANCELACIÓN
Unitaria resérvase o dereito de suspender o curso/obradoiro/evento ou modificar as datas e horarios indicados dependendo do número de alumnos matriculados, nese caso comunicarase a forma de devolución do importe abonado.