INGLÉS INDOLORO

  • Impartido por: Sila Sobrado

  • Nivel: Medio/Avanzado

  • Horario: de 11:0h a 14:00h

  • Duración: 12h

  • N.º de prazas: 12

  • Cuota: 75€

  • Datas: do 11 ao 14 de xullo de 2022

     

INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:

DESCRICIÓN

Detrás de palabras e frases sospeitosamente parecidas ás nosas, o inglés esconde unha estructura de base completamente diferente. ¿Cómo funciona? ¿Qué podemos e non podemos traducir? Ven preparad@ para sorprenderte.

PROGRAMA

  • Os pronomes.
  • Cómo funciona realmente o “he/she/it”.
  • A forma verbal máis alá do verbo.
  • Os auxiliares.
  • Os modáis.
  • Todas (todiñas) as estructuras posibles da forma verbal.
  • Os tempos verbáis.
  • As perífrasis verbáis: enganchando verbos.
  • As preposicións.
  • O tándem verbo-preposición.
  • Os phrasal verbs.
  • O famoso -ing.
  • Cómo funcionan as formas impersoáis do verbo.
  • Os modificadores (adxetivos, adverbios, etc.).
  • Construíndo frases.
  • “Esto xa o veremos se nos da tempo”.

* Non son clases de conversación e case non terán parte práctica. Serán todo explicacións teóricas en perpetuo estado de q&a.
* Por afinidade dos tempos verbáis, as clases serán en castelán.

DOCENTE: SILA SOBRADO

Ola! Son Sila e teño máis de 10 anos de experiencia ensinando idiomas en varios países.

Aínda que dei clases a estudantes de todas as idades e niveis, hoxe traballo principalmente con adultos que necesitan mellorar o seu inglés nun ámbito profesional e que adoitan ter obxectivos moi concretos. Tamén axudo a estudantes de Filoloxía Inglesa con determinadas materias que lles resultan difíciles de preparar por si mesmos e, por suposto, imparto clases de conversa e perfeccionamento xeral.

Dado que as miñas clases son moi personalizadas, non adoito utilizar libros de texto. De cando en vez paso unha fotocopia para traballar cousas concretas pero, en xeral, prefiro utilizar material real. Cos estudantes que precisan aprobar exames de inglés, centro a preparación nas habilidades básicas e na estratexia de exames en lugar de insistir en exercicios demasiado específicos e/ou repetitivos.

Tamén fago traducións e interpretación, e podo axudar aos estudantes de nivel avanzado a mellorar estas habilidades.

DESTINATARIAS

Todas as persoas interesadas en aprender este idioma. Todos os nivéis medios e altos, todas as idades.

NECESIDADES

Necesario traer o que uses para tomar notas (libreta, portátil, tableta…), pero sobre todo: MOITAS GANAS DE APRENDER.

POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN

A anulación do curso debe ser realizada presencialmente pola persoa inscrita en Unitaria ou a través de queroaprender@escolaunitaria.com
As cancelacións de cursos poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.
O importe non se devolverá nos caso de se o alumno/a decide deixar de asistir ao curso/obradoiro/evento unha vez comezado, calquera que sexa a causa.
O tempo estimado para a devolución do importe dun curso abonado por Internet, xa sexa por vontade do usuario ou por unha cancelación (e conforme ás condicións descritas), será de 24 a 48 horas desde a notificación da operación por parte da Unitaria.

POLÍTICA DE CANCELACIÓN

Unitaria resérvase o dereito de suspender o curso/obradoiro/evento ou modificar as datas e horarios indicados dependendo do número de alumnos matriculados, nese caso comunicarase a forma de devolución do importe abonado.

INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar: