ANIMACIÓN 2D CON ADOBE ANIMATE CC

  • Impartido por: Fran J.B. Pedreira

  • Nivel: Inciación

  • Duración: 36h

  • Horario: de 16:30h a 19:30h os martes

  • N.º de prazas: 10

  • Cuota de inscrición: 270 € (repartidos en TRES pagos de 90€ cada mes) OU 250 € o pagas todo xunto.

  • Datas: do 14 de xaneiro ao 31 de marzo de 2020

INSCRICIÓN: un correo cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:

DESCRICIÓN

Introdución á animación en 2D de formas e personaxes. Un contacto cos fundamentos da animación clásica aplicada a formas de debuxo e vector, así como coa liña do tempo, a planificación e a realización dunha animación. O curso será esencialmente práctico con diversos exercicios guiados co fin de comprender e interiorizar as bases do método de traballo.

PROGRAMA

Vectores vs píxeles
Ferramentas básicas de debuxo vectorial
Nodos, liñas e recheos.
Paneis de traballo
Capas, organización e xerarquía.
A liña do tempo Tipos de cadros
Atallos de teclado e método.
Tipos de obxectos Tipos de interpolacións. Pros e contras.
Guías e máscaras.
Ilusión de movemento. Fps e persistencia de imaxe.
Marco de animación por fotograma “directo cara adiante” e por fotogramas “keyframes”
Aceleracións e interaccións físicas. “comprimir” e “estirar”
Anticipación e efecto. Superposición de existencias.
Animación orgánica vs. animación de obxectos.
O storyboard
Audio son de fondo e incidentes.
Exportado Formatos finais

DOCENTE:

FRAN J.B. PEDREIRA aka Nox Nbek: Animador, ilustrador, fotógrafo.
Traballo de vídeo e animación: https://www.youtube.com/user/nbek
Traballos estáticos: http://nbek.org/blog

DESTINATARIAS

Calquera persoa interesada en comezar ou avanzar no seu coñecemento sobre animación dixital en 2D.

NECESIDADES

Necesario traer portátil con Adobe Animate instalado... É recomendable traer rato.

POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN

A anulación do curso debe ser realizada presencialmente pola persoa inscrita en Unitaria ou a través de queroaprender@escolaunitaria.com
As cancelacións de cursos poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.
O importe non se devolverá nos caso de se o alumno/a decide deixar de asistir ao curso/obradoiro/evento unha vez comezado, calquera que sexa a causa.
O tempo estimado para a devolución do importe dun curso abonado por Internet, xa sexa por vontade do usuario ou por unha cancelación (e conforme ás condicións descritas), será de 24 a 48 horas desde a notificación da operación por parte da Unitaria.

POLÍTICA DE CANCELACIÓN

Unitaria resérvase o dereito de suspender o curso/obradoiro/evento ou modificar as datas e horarios indicados dependendo do número de alumnos matriculados, nese caso comunicarase a forma de devolución do importe abonado.

INSCRICIÓN: un correo cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar: