Tango Arxentino

  • Impartido por: Ezequiel Merlo

  • Nivel: Inciación

  • Duración: Clases de 1,5 h.

  • Horario: de 12:00 h. a 13:30 h.

  • N.º de prazas: 5-6 parellas (non tes por que traer parella)

  • Cuota de inscrición: 40€/mes

  • Datas: do novembro 2019 ao xuño de 2020

INSCRICIÓN: un correo cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:

DESCRICIÓN

Tango é un baile social de orixe rioplatense (Arxentina / Uruguai) de movementos de diversidade de pasos, realizados por parellas.
Ideal para desenvolver actividades psicomotrices, coordinación e comunicación coa parella (s) e exercicios mediante a expresión con música. Obxectivo: poñer a mente e o corpo noutro estado, desconectarse da rutina e coñecerse mellor.

PROGRAMA

Neste curso aprenderemos os pasos e as combinacións básicas, faremos xogos de coordinación entre música e movemento e sobre todo aprenderemos a bailar improvisando. Para nós é importante bailar con todo o corpo, para iso empregaremos todo tipo de estilos de Tangos, Valses e Milongas, aprenderemos con música de todos os tempos, tangos desde a idade de ouro dos 40 ’50’ ata composicións de hoxe.

DOCENTE: Ezequiel Merlo

Bailarín e mestre de Tango, cunha ampla formación en diferentes tipos de bailes (Folklore Arg. Tango arxentino, Contacto de improvisación, Danza clásica e contemporánea)

Web
Fotos

DESTINATARIAS

Calquera que NUNCA bailou tango e que queira achegarse a este baile dun xeito lúdico pero serio. Con ou sen coñecementos de danza.

NECESIDADES

Roupa cómoda … Nas primeiras clases non necesitarás zapatos. Traia zapatos de rúa. Zapato de sola dura (coiro, cromo), mellor. Pero calquera calzado axudará a comezar.

POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN

A anulación do curso debe ser realizada presencialmente pola persoa inscrita en Unitaria ou a través de queroaprender@escolaunitaria.com
As cancelacións de cursos poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.
O importe non se devolverá nos caso de se o alumno/a decide deixar de asistir ao curso/obradoiro/evento unha vez comezado, calquera que sexa a causa.
O tempo estimado para a devolución do importe dun curso abonado por Internet, xa sexa por vontade do usuario ou por unha cancelación (e conforme ás condicións descritas), será de 24 a 48 horas desde a notificación da operación por parte da Unitaria.

POLÍTICA DE CANCELACIÓN

Unitaria resérvase o dereito de suspender o curso/obradoiro/evento ou modificar as datas e horarios indicados dependendo do número de alumnos matriculados, nese caso comunicarase a forma de devolución do importe abonado.

INSCRICIÓN: un correo cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar: