
SAN VITO SCQ
DESCRICIÓN
Pode o tradi, o contemporáneo e o clubbing participar dunha experiencia catártica única?
San Vito ou epidemia do baile foi un caso de coreomanía que aconteceu en Estrasburgo a mediados de 1518. A Señora Troffea comezou a bailar descontroladamente sen poder parar. Diversas persoas uníronse sen descanso durante días. Ao cabo dun mes, comezaron a sufrir invalidez nas pernas e ataques epilépticos. A maioría morreu a causa de infartos, derrames e esgotamento.
Aquí só bailamos.
Celebramos!
PROGRAMA
Ramón do Serrador, Elsa Pereira e Mariamo lánzanse á pista 9 h de meneo non-stop.
Vinde con apetito de risco, isto promete.
Alalás, ruídos e bombos a negras por:
NA3C6H5O7 Bailarico Noise 13:00-14:00
La Isla del Tesoro 14:00-16:00
Noeresdj 16:30-17:30
Flown C 17:30-18:30
Electroconas 18:30-19:30
Yuraq Walla 19:30-21:00
POST-FESTA NO MEDUSA:
A partires das 22:3o, seguiremos a festa no Medusa, con Peter Sélek.