
LÚA MOSQUETERA
DESCRICIÓN
Lúa Mosquetera (Miño) é filóloga galega e campiona galega da Poetry Slam 2021. Publicou tres poemarios: “Rasrás” (2018), “Aunque seas rara y seas pájaro” (2020) e “Espíderman” (Galaxia, 2022), no que se inclúe o poema “Anorak de pel de caribú”, escollido como Mellor Poesía da Galiza 2021 por ARitmar.
Presenta o seu espectáculo de Poesía acústica xunto a Pablo Seijas, cantante e compositor en NENO, guitarrista en Marilia Monzón, productor de bandas sonoras para teatro e audiovisual e músico de sesión en estudio.
Cun afán convencido e eficaz de achegar o xénero lírico a cualquera tipo de público, tratan temas como o feminismo, as relacións, as redes sociais o a morte e a forma de convivir con ela.
Cren, en definitiva, na poesía como ferramenta e nas palabras como arma contra os imbéciles.