DESEÑO VECTORIAL CON ILLUSTRATOR EN 3 MESES

  • Impartido por: Fernando Lema

  • Nivel: Inciación

  • Duración: 30h

  • Horario: de 16:30h a 19:00h os mércores

  • N.º de prazas: 8

  • Cuota de inscrición: 210 € (repartidos en TRES pagos de 70€ cada mes) OU 200 € se o pagas todo xunto.

  • Datas: do 7 de abril ao 23 de xuño de 2021

INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:

DESCRICIÓN

Aprende a facer logotipos, cartaces ou unha aplicación gráfica para calquera que sexa o teu proxecto.
✍️⚡️
Traballo con vectores e moito máis, coa ferramenta líder do mercado da ilustración: Adobe Illustrator. Coñecemento da interface do programa, as ferramentas de traballo, as súas posibilidades en canto a debuxo vectorial e ilustración, cor, pintura, selección de obxectos e modificación dos mesmos, importar e exportar arquivos, traballar con texto, efectos especiais e impresión… Pero non so de Illustrator imos falar, unha base sólida sobre que é a imaxe dixital e para que vale o deseño gráfico é fundamental.

PROGRAMA

INTRODUCIÓN
Imos ver os elementos básicos do espazo de traballo e as preferencias, antes de comezar a traballar con Adobe Illustrator.

  • Pantalla de Benvida
  • Mapa de bits, pixels e vectores, que son
  • Cores luz & cores pigmento
  • Anatomía do interfaz de illustrator

ESPAZO DE TRABALLO
Coñecer os elementos básicos do espazo de traballo permítenos aforrar tempo para poñernos ao choio canto antes.

  • Espazo de traballo
  • Atallos de teclado
  • Menús contextuales
  • Documento novo
  • Axustes de Documento
  • Zoom e navegacion polo documento
  • Guías
  • Cuadrícula

DEBUXO CON FORMAS BÁSICAS, PLUMA BEZIER E PINCEIS
Coas ferramentas de debuxo básicas podemos levar a cabo tamén moitos traballos avanzados.

  • Ferramentas básicas de debuxo
  • Edición de formas básicas
  • Ferramentas de Selección
  • Seleccionar e transformar obxectos
  • Debuxo con formas básicas
  • Debuxo coa pluma bézier
  • Buscatrazos
  • Ferramenta Pincel
  • Tipos de pinceis

COR; DEGRADADOS E TRANSPARENCIAS
Xunto co traballo coas formas, a aplicación da cor é a base de todas as nosas ilustracións.

  • Teoría da Cor
  • Panel de Mostras
  • Modos de Fusión e Transparencia
  • Panel Degradado e Ferramenta Degradado
  • Máscaras de Opacidade

IMAXES, MÁSCARAS E CAPAS
Aínda que Adobe Illustrator é un programa vectorial, tamén podemos incorporar imaxes creadas noutras aplicacións.

  • Colocar imaxes
  • Máscaras de recorte
  • Rasterizar vectores
  • Paleta Capas

TRANSFORMACIÓN DE ELEMENTOS
Escalado, rotación, transformación, en definitiva, transformación e alteración dos nosos obxectos.

  • Escalar Obxectos e trazados
  • Rotar e Reflexo
  • Transformación libre
  • Panel Aliñar
  • Promediar Puntos de Áncora
  • Símbolos e Panel de Símbolos
  • Ferramenta Fusión
  • Motivos Regulares
  • Motivos Irregulares
  • Calco Manual
  • Calco Interactivo
  • Xiro 3D
  • Extrusión e Biselado 3D
  • Rotar obxectos 3D

TEXTO
O uso do texto non é o primeiro que nos vén á cabeza ao falar de Adobe Illustrator, pero é un elemento fundamental no traballo diario con esta aplicación.

  • Traballo con Texto
  • Menú Texto
  • Panel Carácter
  • Texto de Área
  • Panel Parágrafo e Tabuladores

EXPORTAR, GARDAR E IMPRIMIR
Unha vez terminado o noso traballo, é a hora de gardalo ou compartilo.

  • Exportar Arquivos
  • Gardar Arquivos
  • Imprimir

DOCENTE: Fernando Lema

Diplomado en Artes Visuais e Comunicación, Master en Deseño Gráfico Publicitario, empeza a traballar como deseñador gráfico en 1999. Do 2000 ao 2002 é fundador e director creativo de “a ref.erencia”. De ahí en adiante, traballará como “freelance” para clientes privados e públicos, compaxinando diferentes proxectos persoais, como “Camisetas de Once Varas”, deseñando imaxes meteorolóxicas para produtos textiles e complementos.

En 2006 abre “Zürich-SCQ”, un espazo de venda de roupa e galería de arte para artistas noveles en Santiago de Compostela, proxecto que leva premios de escaparatismo e de innovación e comercio. Tamén é profesor de Illustrator para profesionais do sector das artes gráficas de Galicia.

Como hobby, no 2007, monta xunto cun puñado de seres inquedos “SENUNPESO”, unha asociación para a creación de cortometrajes experimentais e formación audiovisual.

Beta-Tester e moderador do “Community Help” para “Adobe Systems” con Illustrator de 2008 a 2011. Profesor na “Academia Postal “ de Adobe Illustrator (2008-2009)

Leva o deseño gráfico, gravación, edición de vídeo e redes sociais de “Culturactiva” de 2010 a 2014.

E dende maio do 2015 é socio fundador de “Unitaria”, un espazo multidisciplinar e colaborativo xestionado pola “Asociación de Amigos si, pero a Vaquiña polo que Vale”, que ten como obxectivo principal o desenvolvemento de accións formativas… como esta.

DESTINATARIAS

A todas as persoas interesadas en aprender a facer logotipos, cartaces, calquer aplicación gráfica para calquer proxecto ou simplente aprender a usar as ferramentas vectoriais ou mellorar a súa técnica.

NECESIDADES

Necesario traer portátil con Adobe Illustrator instalado, de CS6 para arriba… Recomendo tamén que traiades ou rato🖱 ou tableta gráfica ✍🏻.

POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN

A anulación do curso debe ser realizada presencialmente pola persoa inscrita en Unitaria ou a través de queroaprender@escolaunitaria.com
As cancelacións de cursos poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.
O importe non se devolverá nos caso de se o alumno/a decide deixar de asistir ao curso/obradoiro/evento unha vez comezado, calquera que sexa a causa.
O tempo estimado para a devolución do importe dun curso abonado por Internet, xa sexa por vontade do usuario ou por unha cancelación (e conforme ás condicións descritas), será de 24 a 48 horas desde a notificación da operación por parte da Unitaria.

POLÍTICA DE CANCELACIÓN

Unitaria resérvase o dereito de suspender o curso/obradoiro/evento ou modificar as datas e horarios indicados dependendo do número de alumnos matriculados, nese caso comunicarase a forma de devolución do importe abonado.

INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar: