
DEIXA A PEGADA. RECICLAXE DE ROUPA CON ALFABETO DE PALILLOS E ESTARCIDO
INSCRICIÓN: un correo cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:
DESCRICIÓN
Obradoiro no que reciclaremos unha camisa ou camiseta vella coa técnica do estarcido e con alfabeto de palillos.
Este obradoiro está dentro da programación do evento VIDA EXTRA: cousas que querían ser outras cousas.
DOCENTE
La Canalla son dous irmáns, Patricia e Francisco Soto Gil.
Son costureiras por tradición familiar, o seu pai, Baldomero, era tapiceiro creativo e a súa nai, María, é artista textil por vocación. Levan o trapo no seu ADN e entenden a roupa como forma de expresión.
Patricia estudou Deseño Superior de Moda no C.S.D.M.M. e de 2004 a 2017 foi docente en ESDEMGA. Francisco cursou estudos de Filoloxía Inglesa. Ámbolos dous traballaron antes de LA CANALLA en deseño freelance e empregan a súa formación nos distintos campos da creación textil.
DESTINATARIAS
Este obradoiro vai destinado a todas as persoas que queiran arranxar e reutilizar en vez de tirar e mercar, e que queiran aprender unha técnica nova para aplicar ás suas prendas e darlles unha nova vida.
Tamén a todas aquelas que queiran pasar unha mañá diferente e explorar a súa creatividade.
NECESIDADES
As participantes deberán traer unha camisa ou camiseta á que lle queiran dar unha Vida Extra.
Cancelación por parte do alumnado:
– Para cursos continuos (como ioga, pilates, coro, etc.), a cancelación debe realizarse como mínimo 15 días antes do inicio do mes seguinte. Así evitamos que se reserve unha praza para alguén que non vai continuar e podemos organizar os grupos mellor.
– A anulación do curso debe solicitarse por escrito, enviando un correo a queroaprender@escolaunitaria.com ou facéndoo presencialmente en Unitaria.
– En cursos ou obradoiros puntuais, as cancelacións poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.
– Unha vez comezado o curso/obradoiro/evento, non se devolverá o importe abonado, independentemente da causa de abandono.
– O prazo estimado para facer a devolución (nos casos que corresponda) será de 24 a 48 horas desde a notificación por parte de Unitaria.
Cancelación por parte de Unitaria:
Unitaria resérvase o dereito de suspender ou modificar datas e horarios de calquera curso, obradoiro ou evento se non se acada o número mínimo de persoas inscritas. Neste caso, comunicarase con antelación e indicarase a forma de devolución íntegra do importe.








