PROXECTO PERSOAL FOTOGRÁFICO

  • Impartido por: Agostiño Iglesias

  • Nivel: Medio

  • Duración: 18 horas

  • Horario: de 16:30 a 18:00 os xoves

  • N.º de prazas: 12

  • Cuota de inscrición: 195€ (podes pagar en TRES pagos de 65€ cada mes ou todo xunto).

  • Datas: do 19 de xaneiro ao 30 de marzo de 2023

INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:

DESCRICIÓN

Aprenderemos a crear un proxecto fotográfico aliñado coas nosas inquedanzas persoais e a darlle forma mediante a edición e o revelado personalizado do mesmo. Farémolo dun xeito ameno, práctico e participativo.

PROGRAMA

  1. ¿QUE FOTÓGRAFA SOMOS, ESPELLO OU VENTÁ? Ámbitos e referentes fotográficas.
  2. CREACIÓN DUN PROXECTO PERSOAL. Elección da idea, investigación, planificación e decisións previas.
  3. SAÍDAS PRÁCTICAS.
  4. RECURSOS GRÁFICOS. Luces e sombras. Uso creativo da obturación. Composición e ritmo.
  5. POSIBILIDADES NO NOSO ENTORNO.
  6. XESTIÓN DIXITAL DOS ARQUIVOS. Formatos e compresións. Métodos de etiquetado, de almacenamento e de cribado das nosas imaxes.
  7. EDICIÓN GRÁFICA. Metodoloxías ao noso servizo.
  8. TUTORIZACIÓN DO PROXECTO CREADO DURANTE O OBRADOIRO.
  9. REVELADO DIXITAL CON ADOBE CAMERA RAW ou CAPTURE ONE. Procesado ideal para a nosa serie.

DOCENTE: Agostiño Iglesias

Lousame, A Coruña

Comecei como fotógrafo social e publicitario con encargos para Greenpeace España, Verdegaia, Colabora Birmania, Adolfo Domínguez, Estrella Galicia, etc. Durante estos últimos anos concentrei os meus esforzos no fotoxornalismo e no documentalismo, colaborando con La Voz de Galicia, maiormente, pero tamén con El País, Faro de Vigo, Luzes, La Marea, Altaïr Magazine ou a Revista Salvaje de maneira máis discontinua. Paralelamente, impartín clases de fotografía, comezando en 2015 en General Villegas (Arxentina) e seguindo dende 2016 en diversas localidades galegas como Porto do Son, Noia ou Santiago.

A espiritualidade e a vida contemplativa son os temas principais da miña creación fotográfica, desenrolados ambos en traballos como O Capitalismo Salvaxe, El Estratégico Silencio, ou Faith, o meu principal proxecto a longo prazo.

Recentemente, formei parte do colectivo Imaxe Covid que deu lugar á exposición itinerante Galicia en Vilo de Afundación. Entre outros, fun galardonado con mención de honra en Galicia en Foco, gañador de categoría e de 3 mencións nos premios FotoÁgora e finalista do Lugano Photo Days durante os últimos dous anos.

Actualmente son membro do colectivo fotográfico multidisciplinar OllO.

www.agos.gal

Instagram de Agostiño

DESTINATARIAS

Este obradoiro vai destinado a todas aquelas persoas que, sendo coñecedoras das técnicas fotográficas básicas, desexen ir un paso máis alá e atoparlle coherencia as suas imaxes mediante o desenrolo dun pequeno proxecto persoal.

NECESIDADES

Unha cámara de fotos (independentemente de marcas e tipos) ou un smartphone, un ordenador portátil e moitas ganas (indispensable).

POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN

A anulación do curso debe ser realizada presencialmente pola persoa inscrita en Unitaria ou a través de queroaprender@escolaunitaria.com
As cancelacións de cursos poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.
O importe non se devolverá nos caso de se o alumno/a decide deixar de asistir ao curso/obradoiro/evento unha vez comezado, calquera que sexa a causa.
O tempo estimado para a devolución do importe dun curso abonado por Internet, xa sexa por vontade do usuario ou por unha cancelación (e conforme ás condicións descritas), será de 24 a 48 horas desde a notificación da operación por parte da Unitaria.

POLÍTICA DE CANCELACIÓN

Unitaria resérvase o dereito de suspender o curso/obradoiro/evento ou modificar as datas e horarios indicados dependendo do número de alumnos matriculados, nese caso comunicarase a forma de devolución do importe abonado.

INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar: