XUNTOS ATA A MEDULA

  • Día: 6 de setembro 2024

  • Horario: venres ás 20:30h

  • Entrada Donativo Voluntario
    FILA 0: se non podes acudir, pero queres colaborar co traballo da
    Asociación, fai aquí o teu donativo:
    Número de conta: ES75 2080 0240 38 3040004920
    Concepto: donativo

DESCRICIÓN

ASOTRAME, a Asociación Galega de Persoas Transplantadas de Medula ósea e enfermidades oncohematolóxicas

Queremos convidarvos a participar nun evento moi especial organizado por ASOTRAME, a Asociación galega de persoas transplantadas de medula ósea e enfermidades oncohematolóxicas, de utilidade pública. É a única entidade en Galicia que combina a atención a pacientes e familiares, de xeito gratuíto, coa sensibilización e a información sobre a doazón de medula ósea.

O evento contará cunha breve charla informativa na que se abordarán temas relacionados coa doazón de medula ósea, os procedementos, e a importancia de incrementar o número de doantes. Contaremos co testemuño dunha persoa transplantada que compartirá as súas experiencias.
Despois da charla, disfrutaremos dunha actuación musical que fará deste encontro unha experiencia aínda máis enriquecedora e emotiva.
A túa participación é moi importante para nós. Ven e axúdanos a espallar a mensaxe sobre a importancia da doazón de medula.
Esperamos contar coa vosa presenza!
ASOTRAME, a Asociación Galega de Persoas Transplantadas de Medula ósea e enfermidades oncohematolóxicas, declarada de utilidade pública, é a única entidade en Galicia que combina a atención a persoas pacientes e familiares, de xeito gratuito, coa sensibilización e a información sobre a doazón de medula ósea.
Nº conta ASOTRAME: ES75 2080 0240 38 3040004920 
No concepto, se é posible, que poña DONATIVO, por favor.