
VOGUING E CULTURA BALLROOM
INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:
DESCRICIÓN
Exaltación da cultura Queer. Espazo para experimentar coa danza e a libertade de expresión. Aprenderemos algúns movementos básicos do voguing e falaremos da cultura ballroom. Como estos espazos actuaron coma refuxio para o colectivo Lgtbiq+ durante os anos 80 e a importancia de mantélos activos na actualidade.
PROGRAMA
1. Introducción a cultura ballroom
Falaremos de como xurde este movemento e da súa importancia durante os anos 80 ata a actualidade.
2. VOGUE
Aprenderemos como se baila, os distintos niveis que existen e faremos unha pequena coreografía con este material.
3. The Ball
Crearemos un Ballroom. Faremos distintas dinámicas, dividindo a aula en equipos (casas) e a través dunha competición sana daremos liberdade aos nosos corpos para expresarse libremente facendo unha batalla de baile.
DOCENTE: Daniel Lezso
Gradúase en 2013 en Arte Dramático na escola de teatro Santart de Santiago de Compostela. Ao mesmo tempo estuda un grao en Lingua e Literatura Inglesa na Universidade de Santiago de Compostela (USC); paralelamente inicia a súa formación en danza contemporánea a través do Espazo de Danza da USC, (2013-2016). Continua a súa formación como bailarín en Barcelona (2018-2020) na escola Varium Espai de Moviment. Durante a súa estancia en Cataluña, formase en distintas técnicas de danza contemporánea e interpretación da man de profesionais como Nadine Gerspacher, Nicola Ricchini ou Hannes Langolf. No 2021 adquire o título de profesor de ioga en Almazen de Yoga (Santiago de Compostela). Actualmente traballa como profesor de ioga na Escola Unitaria. Sigue desenrolando seu traballo en solitario como bailarín, ademais de colaborar noutros proxectos paralelos.
DESTINATARIAS
Non se require experiencia previa. Proponse un aula onde poidas aprender de min e eu de ti. Será un espazo seguro, libre de prexuizos. Soo tes que traer os teus mellores movementos e ser ti mesme!
NECESIDADES E MATERIAIS
Podes vir vestide como queiras pero asegúrate de que vas poder moverte cómodamente.
POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN
A anulación do curso debe ser realizada presencialmente pola persoa inscrita en Unitaria ou a través de queroaprender@escolaunitaria.com
As cancelacións de cursos poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.
O importe non se devolverá nos caso de se o alumno/a decide deixar de asistir ao curso/obradoiro/evento unha vez comezado, calquera que sexa a causa.
O tempo estimado para a devolución do importe dun curso abonado por Internet, xa sexa por vontade do usuario ou por unha cancelación (e conforme ás condicións descritas), será de 24 a 48 horas desde a notificación da operación por parte da Unitaria.
POLÍTICA DE CANCELACIÓN
Unitaria resérvase o dereito de suspender o curso/obradoiro/evento ou modificar as datas e horarios indicados dependendo do número de alumnos matriculados, nese caso comunicarase a forma de devolución do importe abonado.



