FAI O TEU.

OBRADOIRO DE DIRECCIÓN, DRAMATURXIA E INTERPRETACIÓN

  • Impartido por: Noemí Rodríguez

  • Duración: 16 horas

  • Horario:

    venres de 15:30h a 19:30h,

    sábado de 10:00h a 14:00h e de 15:30h a 19:30h

    e domingo de 10:00 a 14:00

  • N.º de prazas: 15

  • Cuota de inscrición: 180€

  • Inclúe auga, café, té, doces e froita durante todo o obradoiro.

  • Datas: 27, 28 e 29 de setembro de 2024

  • Lugar: Unitaria

INSCRICIÓN: un correo cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:

DESCRICIÓN

Se tes medo e ganas, e non te podes quitar da cabeza a idea de facer a túa propia obra ou o teu seguinte proxecto. Se queres deixar de torturarte e non agardar máis. Se queres desbloquear a túa creatividade. Se che apetece lanzarte ao descoñecido e apropiate do teu e do alleo. Se tes a urxencia de facer algo, e xa case che dá igual se sae ben ou mal, e simplemente queres que pase. Se queres que ocorra algo de verdade emocionante. Se queres crear desde o pracer e a ledicia, entón, este é o teu obradoiro.

Durante tres días, viviremos un proceso de creación exprés, e traballaremos con aquilo que nos conmove, obsesiona, revitaliza, aterra ou
nos dá un profundo pracer. A partir de diversos materiais: temas, preguntas, imaxes, recordos, conceptos, historias, referentes etc.;
buscaremos localizar aquilo que inspira e forma parte esencial do universo creativo único de cada participante.

Nun contexto de colaboración e xogo lanzarémonos á apaixonante aventura de descubrir a nosa poética, á vez que miramos cara ao
mundo e cara a nós mesmxs, buscando liberar aquilo que está querendo nacer para ser contado ou expresado.

Non o penses máis. Dá o salto e fai o teu.

PROGRAMA

OBXECTIVOS:

– Revitalizar o noso desexo creador.
– Explorar a idea de liderado.
– Investigar o rol de dirección, dramaturxia e interpretación, e a relación entre as partes.
– Posta en práctica de ferramentas de composición escénica e dramatúrgica nunha peza propia.
– Explorar técnicas interpretativas e creativas que non están arraigadas ao texto.
– Recoñecer o universo e a poética escénica de cada unx de lxs participantes.
– Observar e relacionar os distintos materiais creativos, así como todo aquilo que opera na posta escena: ritmo, espazo, emoción, forma, palabra, imaxe e movemento.
– Vincular o noso traballo co seu contexto, a través dá observación precisa do contorna.
– Desenvolver a capacidade de xogo, imaxinación e intuición artística.

DOCENTE: NOEMÍ RODRÍGUEZ

Foto: Georgia Ark

Directora de escena, dramaturga, intérprete, pedagoga e asesora de procesos creativos. Fundadora e codirectora artística de Teatro En Vilo, premio Ojo Crítico de Teatro 2019.

Noemi está considerada un dos pesos pesados do teatro contemporáneo español. Formouse na ESAD de Galicia (onde recibiu unha matrícula de honra polo seu proxecto final de carreira) e despois realizou un máster en Artes Escénicas na Universidade de Vigo e un curso de posgrao na London International School of Performing Arts grazas ao Programa de Bolsas no Estranxeiro da Fundación Barrié de la Maza, un dos programas de Bolsas de Excelencia máis destacados a nivel nacional e internacional.

Noemi desenvolveu as distintas facetas do seu traballo en distintos países como Francia, Portugal, España, Inglaterra, Estados Unidos, Turquía e India.

Como directora de escena e dramaturga traballou en numerosas institucións de prestixio. Entre as súas obras destacan, “Blast”, “La Distancia” e “Man Up”, todas elas producidas polo Centro Dramático Nacional, “Terceiro Acto” producida polo Centro Dramático Galego e as multipremiadas “Interrupted”, “Generación Why” e “Hoy Puede Ser Mi Gran Noche”, producidas por Teatro En Vilo. Tamén dirixe e escribe “Malena, llena eres de gracia”, obra financiada polo Instituto Nacional da Muller; “Locxs de Amor” financiada polo proxecto Art For Change La Caixa. “Miss Mara, quien se reserva no es artista” producida polo Circo Price, e “Escenarios de Chamberí”, en colaboración co Teatro de la Abadía. Ademais, en 2022 encárgase do guión e da dirección da gala homenaxe do 30 aniversario da Muestra de Autores de Teatro Contemporáneo de España.

Ademais de ensaios, Noemi é autora de doce obras dramáticas que foron amplamente representadas en Europa, e víronse en importantes escenarios como o Edinburgh Fringe Festival, o BE Festival, o Festival de Otoño, o Festival de Olite, a MIT de Ribadavia, o Festival Meet You de Valladolid, os Teatros do Canal, o Teatro Fernando Fernán Gómez, o Centro Cultural Conde Duque ou o Teatro Arriaga, entre outros.

Ao longo da súa traxectoria artística recibiu múltiples premios como o Premio do Público e do Xurado do Festival Presente Futuro de Palermo por “Generación Why,” o Premio do Xurado da Feira Ibérica de Fundao ou o Premio do Público do Fringe de Praga por “Canary”, entre outros.

Como actriz e bailarina traballou para o Centro Dramático Nacional, o Centro Dramático Galego, o Núcleo de Experimentação Coreográfica de Porto, a English National Opera, ou o Spoleto Festival de Carolina do Sur, así como para reputadas compañías europeas como Blind Summit ou Improbable Theatre, entre outras.

Tamén impartiu cursos e conferencias sobre dramaturxia, dirección, interpretación, creatividade, creación colectiva e movemento en diferentes lugares como as Universidades de Oxford, Boloña, Puna, Calcuta, o Liceo Francés de Estambul, LISPA, o Centro Dramático Nacional, a MIT de Ribadavia, o Festival Clásicos de Alcalá, o Festival Meet You Valladolid, o Centro de Arte Dos de Mayo, entre outros.

Actualmente prepara distintos proxectos a nivel nacional e internacional para a tempada 2024/2025.

https://www.teatroenvilo.com/noemirodriguez

https://www.teatroenvilo.com/

DESTINATARIAS

A actrices, actores, directores-as, dramaturgos-as, estudantes de artes escénicas e a todas aquelas persoas interesadas na interpretación e creación escénica.

NECESIDADES

Os participantes deberán traer: roupa cómoda, libreta boli, e ganas, moitas ganas.

POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN

A anulación do curso debe ser realizada presencialmente pola persoa inscrita en Unitaria ou a través de queroaprender@escolaunitaria.com
As cancelacións de cursos poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.
O importe non se devolverá nos caso de se o alumno/a decide deixar de asistir ao curso/obradoiro/evento unha vez comezado, calquera que sexa a causa.
O tempo estimado para a devolución do importe dun curso abonado por Internet, xa sexa por vontade do usuario ou por unha cancelación (e conforme ás condicións descritas), será de 24 a 48 horas desde a notificación da operación por parte da Unitaria.

POLÍTICA DE CANCELACIÓN

Unitaria resérvase o dereito de suspender o curso/obradoiro/evento ou modificar as datas e horarios indicados dependendo do número de alumnos matriculados, nese caso comunicarase a forma de devolución do importe abonado.

INSCRICIÓN: un correo cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar: