
MOVEMENTO CONSCIENTE
INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:
DESCRICIÓN
Clases de movemento nas que se combinan exercicios de diferentes disciplinas para mellorar o tono muscular, a flexibilidade, o equilibrio, e a coordinación, sempre priorizando a toma de consciencia de malos hábitos e a “reprogramación dos mesmos”.
DOCENTE: SILA SOBRADO
Sila é profesora de Técnica Alexander e ioga. Está especializada en músicos e centra o seu traballo no sentido proprioceptivo.
DESTINATARIAS
Para aquelxs que queren mellorar non só a súa forma física, senon a súa percepción e entendemento do propio corpo.
NECESIDADES
Traer roupa cómoda. Aquí temos de todo, esterillas, mantas, tacos e cintos… pero se queres traer o teu material non hai problema.
POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN
A anulación do curso debe ser realizada presencialmente pola persoa inscrita en Unitaria ou a través de queroaprender@escolaunitaria.com
As cancelacións de cursos poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.
O importe non se devolverá nos caso de se o alumno/a decide deixar de asistir ao curso/obradoiro/evento unha vez comezado, calquera que sexa a causa.
O tempo estimado para a devolución do importe dun curso abonado por Internet, xa sexa por vontade do usuario ou por unha cancelación (e conforme ás condicións descritas), será de 24 a 48 horas desde a notificación da operación por parte da Unitaria.
POLÍTICA DE CANCELACIÓN
Unitaria resérvase o dereito de suspender o curso/obradoiro/evento ou modificar as datas e horarios indicados dependendo do número de alumnos matriculados, nese caso comunicarase a forma de devolución do importe abonado.





