NORTHERN SOUL COMPOSTELA 25 AVRIL

Unha xornada completa arredor do soul e da cultura do vinilo, pensada para escoitar, aprender e bailar sen présa. Dende o vermú ata a madrugada, o espazo énchese de música, obradoiros e encontro, cunha programación que vai medrando en intensidade ao longo do día ata rematar na pista.

13:00 — Inicio do vermú coas dj’s que acompañarán durante toda a xornada: Mr Pitifull, Edu Lambretta, Pablo de la Cruz e Alex Big Voxxman.

16:00 — Obradoiro de iniciación. Inscrición en compostelasoulclub@gmail.com. Prezo: 6€. Unha vez escrito, respondemos cos datos para realizar o pago.

17:00 — Obradoiro iniciación 2, pensado para quen xa participou anteriormente ou quere seguir profundando.

20:00 — Fin da sesión de día. Momento para descansar e coller folgos para a noite.

22:00 — Concerto de Madame Bird na Sala Fantástica. Entrada: 10€.

00:00 — Sesión de pinchadas a vinilo a cargo dos dj’s participantes durante toda a xornada.