
DESENVOLVEMENTO DE VIDEOXOGOS
INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:

DESCRICIÓN
Preséntase o proceso completo de producción e publicación dun videoxogo persoal de pequena escala. Abárcanse todos os ámbitos: programación, grafismo e publicación. Utilízase Game Maker Studio como plataforma de desenvolvemento.
PROGRAMA
1 PRESENTACIÓN INICIAL (1 clase)
1.1 Presentación do instructor. Os meus xogos e proxectos.
1.2 Presentación do alumnado. O xogo que queren facer durante o curso.
1.3 Enfoque na producción dos xogos: definición de alcance e simplificación do concepto de xogo.
2 PRESENTACIÓN DAS FERRAMENTAS (1 clase)
2.1 Setup de Game Maker Studio.
2.2 Setup de GIMP.
2.3 Definición do fluxo de traballo, sistema de carpetas e almacenamento das copias.
3 PROGRAMANDO CON GAME MAKER STUDIO (7 clases)
3.1 Presentación do IDE de Game Maker Studio.
3.2 Xestión dos recursos. Árbol de recursos.
3.3 Rooms e o bucle principal do xogo.
3.4 Obxectos, Eventos e Drag and Drop.
3.5 Os gráficos.
3.6 Implementación e “Debug”.
3.7 Fontes de axuda: manual e foros.
4 GRAFISMO: PIXEL ART (2 clases)
4.1 Pixel art con GIMP.
4.2 Creando os recursos: fondos, tiles, sprites e animacións.
5 PUBLICACIÓN E DIFUSIÓN (1 clase)
5.1 Exportando desde GMS.
5.2 Plataformas de publicación.
5.3 Promoción e difusión. Creación de material de difusión e redes sociais de difusión.
DOCENTE: Iván Barcia
Formado como Enxeñeiro Industrial Superior.
Experiencia internacional como deseñador gráfico e de produto: Hugo Boss, Carolina Herrera, Purificación Garcia, Bershka.
Activo como docente.
4 anos de experiencia como desarrollador independente de videoxogos:
https://starknightstudio.itch.io/
DESTINATARIAS
Persoas con inquietude sobre cómo “funcionan” por dentro os videoxogos e o seu proceso de creación. Con desexo de plasmar ideas persoais e orixinais nun videoxogo de autoría propia que poderán publicar e compartir rematado o curso. Ideal para persoas con interese en adicarse profesionalmente aos videoxogos: con este curso poderán ter unha visión global do proceso de creación para así decidir con propiedade sobre os aspectos máis concretos nos que orientar a súa carreira profesional.
Son necesarios coñecementos informáticos a nivel usuario.
Son favorables coñecementos informáticos extra como: manexo de ferramentas gráficas, nocións básicas de programación, nocións básicas de procesamento dixital de gráficos.
MATERIAL INCLUÍDO NO OBRADOIRO
-Licencia de usuario de Game Maker Studio (durante a duración do curso)
NECESIDADES
-Ordenador portátil.
-Unidade de almacenamento externo: Pen Drive USB ou Disco Duro portátil.
POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN
A anulación do curso debe ser realizada presencialmente pola persoa inscrita en Unitaria ou a través de queroaprender@escolaunitaria.com
As cancelacións de cursos poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.
O importe non se devolverá nos caso de se o alumno/a decide deixar de asistir ao curso/obradoiro/evento unha vez comezado, calquera que sexa a causa.
O tempo estimado para a devolución do importe dun curso abonado por Internet, xa sexa por vontade do usuario ou por unha cancelación (e conforme ás condicións descritas), será de 24 a 48 horas desde a notificación da operación por parte da Unitaria.
POLÍTICA DE CANCELACIÓN
Unitaria resérvase o dereito de suspender o curso/obradoiro/evento ou modificar as datas e horarios indicados dependendo do número de alumnos matriculados, nese caso comunicarase a forma de devolución do importe abonado.