
12 HORAS CON GIT
INSCRICIÓN: un correo cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:
DESCRICIÓN
Git é o sistema de xestión de versións máis popular do mundo. Imprescindible para programadores/as, sobre todo, tamén é útil xente que ten que traballar en grupo sobre documentos de texto de calquera tipo. Neste obradoiro de fin de semana aprenderemos a sacarlle partido traballando en equipo uns cos outros. Commit, pull, push, checkout, branch, revert etc convertiranse en palabras habituais e sentirás ter o superpoder para organizar información.
PROGRAMA
Mañá do sábado.
– Diferenciando editores de texto e procesadores de texto.
– Paseo breve polos tres ou catro mellores editores de texto gratuitos.
– Aprendemos a comparar arquivos. Ferramentas para localizar enseguida que é o que mudou entre versións dun mesmo documento.
– Ventaxas do Markdown para escritura áxil.
– Instalamos e configuramos Git nos nosos ordenadores.
– Creamos unha conta en Github e outra en Bitbucket
– Instalamos un servidor Gitea nos nosos ordenadores.
– Creamos o noso primeiro proxecto individual en Github. Traballamos nel desde o noso ordenador e desde Github ou Bitbucket. Editamos, engadimos e quitamos contidos.
Tarde do sábado.
– Creamos o noso segundo proxecto individual en Github ou Bitbucket. Traballamos con el desde o noso ordenador e xa menos desde Github ou Bitbucket. Forkeamos, actualizamos, revertimos, editamos, engadimos, quitamos, recuperamos parte dunha versión anterior, etc, etc.
– Incorporamos e eliminamos compañeiros/as de traballo nos nosos proxectos individuais.
– Se queda tempo, poñemos a andar un terceiro proxecto individual simple.
Mañá do domingo.
– Creamos o noso primeiro proxecto colectivo en Github.
– Creamos o noso segundo proxecto colectivo en Github.
– Traballamos con ambos os dous proxectos, en equipo, ao mesmo tempo, desde os nosos ordenadores. Quen fixo que, onde, quen cambiou que cousa, cando… Actualizamos, revertimos, editamos, engadimos, quitamos, recuperamos parte dunha versión anterior, etc, etc.
DOCENTE: Iñaki Quenerapú
Iñaki Quenerapú leva moitos anos sentado diante dun ordenador desenvolvendo sitios web. Na actualidade traballa na empresa TEIMAS nas áreas de UX, marketing e comunicación. https://twitter.com/quenerapu
DESTINATARIAS
O público-obxectivo e xente que traballa en equipo traballando con documentos de texto ou código e quere coordinarse ben. Non é un obradoiro para programadores, pero tamén. Non se precisan coñecementos previos de programación porque non é programación o que imos facer. 🙂
NECESIDADES
Hai que traer un ordenador portátil. Windows, Linux ou MacOS. Privilexios para instalar software.
POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN
A anulación do curso debe ser realizada presencialmente pola persoa inscrita en Unitaria ou a través de queroaprender@escolaunitaria.com
As cancelacións de cursos poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.
O importe non se devolverá nos caso de se o alumno/a decide deixar de asistir ao curso/obradoiro/evento unha vez comezado, calquera que sexa a causa.
O tempo estimado para a devolución do importe dun curso abonado por Internet, xa sexa por vontade do usuario ou por unha cancelación (e conforme ás condicións descritas), será de 24 a 48 horas desde a notificación da operación por parte da Unitaria.
POLÍTICA DE CANCELACIÓN
Unitaria resérvase o dereito de suspender o curso/obradoiro/evento ou modificar as datas e horarios indicados dependendo do número de alumnos matriculados, nese caso comunicarase a forma de devolución do importe abonado.