UN PASO MAÍS NA FOTOGRAFÍA

  • Impartido por: Óscar Corral

  • Nivel: AVANZADO

  • Duración: 19h

  • Horario: de 21:30h a 22:30h os LUNS

  • N.º de prazas: 10

  • Cuota de inscrición: 250 € (repartidos en CINCO pagos de 50€ cada PRINCIPIO de mes).

  • Datas: do 13 de xaneiro ao 18 de maio de 2020

INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:
QUERO FACER ESTE OBRADOIRO!

PROGRAMA

Introducción e exposición das normas básicas de fotografía.

1-¿Que é a fotografía? Visión global de como xogar coa luz natural e artificial

2. A luz e cualidades, características da luz. Lei inversa do cadrado.

3. A exposición en modo avanzado. Sistema de zonas de Ansel Adams.

4. Profundidade de campo. Difracción. Distancia hiperfocal. Que é, e para que se emprega.

5. Raw. Revelado con camera raw.

6. Edición fotográfica. Narración e discurso. Principais autores.

7. O meu proxecto. Como desenvolvelo.

7. Xestión de arquivos e artes finais.

DOCENTE: Óscar Corral

Comezou a traballar como fotógrafo en 2003 en La Voz de Galicia, para retornar a prensa diaria na Agencia EFE despois de ocuparse da fotografía institucional no executivo galego. Dende 2009 traballa como fotógrafo no diario El País en Galicia, que compaxina con reportaxes internacionais para o mesmo diario así como para El País Semanal. Ten recibido distintos premios polas súas coberturas, entre os que destancan o “Full-Focus” que distingue as mellores fotografias do ano segundo a axencia Reuters e o “Estaçao Imagem” pola sua cobertura a bordo do buque humanitario “Aquarius”. Ten unha experiencia docente de mais de dez anos.

Web

Facebook

Tw. @corralfoto

Ins. @oscarcorral

DESTINATARIAS

Persoas aficionadas á fotografía, con coñecementos técnicos, que queiran profundizar máis no medio fotográfico.

MATERIAL INCLUÍDO NO OBRADOIRO

Iluminación e elementos de estudio e todo o necesario para desenvolver as prácticas. Daranse tamén apuntamentos para que o alumnado poda seguir as cuestións teóricas.

NECESIDADES

Cámara fotográfica, preferentemente con opción manual. Poder ser réflex, compacta, mirrorless ou a cámara do móvil. Manual da cámara e tarxetas de memoria. Roupa cómoda para algunhas prácticas en exteriores.

POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN

A anulación do curso debe ser realizada presencialmente pola persoa inscrita en Unitaria ou a través de queroaprender@escolaunitaria.com
As cancelacións de cursos poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.
O importe non se devolverá nos caso de se o alumno/a decide deixar de asistir ao curso/obradoiro/evento unha vez comezado, calquera que sexa a causa.
O tempo estimado para a devolución do importe dun curso abonado por Internet, xa sexa por vontade do usuario ou por unha cancelación (e conforme ás condicións descritas), será de 24 a 48 horas desde a notificación da operación por parte da Unitaria.

POLÍTICA DE CANCELACIÓN

Unitaria resérvase o dereito de suspender o curso/obradoiro/evento ou modificar as datas e horarios indicados dependendo do número de alumnos matriculados, nese caso comunicarase a forma de devolución do importe abonado.

INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:
QUERO FACER ESTE OBRADOIRO!