FOTOGRAFÍA DENDE CERO

  • Impartido por: Sol Álvarez

  • Nivel: Inciación

  • Duración: 18 horas

  • Horario: de 17:00 a 18:30 os xoves

  • N.º de prazas: 10

  • Cuota de inscrición: 180€ (podes pagar en TRES pagos de 60€ cada mes ou todo xunto).

  • Datas: do 22 de xaneiro ao 23 de abril de 2026

  • Lugar: Unitaria

INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:

DESCRICIÓN

Neste curso aprenderemos un pouco de historia e técnica, pero sobre todo intentaremos entender a fotografía como ferramenta de expresión.
Aprenderemos todas as reglas para despois rompelas.

PROGRAMA

1. Un pouquiño de Historia
A cámara lúcida, a cámara oscura, descubrimentos, o boom da fotografía e como cambiou a forma de ver o mundo e a Arte.

2. Un pouquiño de técnica
Como funciona a fotografía e por que? Do analóxico ao dixital.
Conceptos técnicos: ISO, velocidade de obturación, diafragma, distancia focal, óptica, tempos de exposición.
Saltarse as reglas.

3. A túa cámara
Tipos de cámaras. Prácticas con cámara estenopeica. Modos da cámara e utilidades. O menú da cámara. Formatos de arquivos. Obxectivos. Sensores. Flash. Balance de brancos.

4. Teoría da imaxe, composición
Encuadre, tipos de planos. Luz e iluminación. Temperatura de cor.
Percepción, composición. Tempo e movemento. Ritmo.

5. Expresión artística. Xéneros fotográficos. Proxecto
Prácticas de distintos xéneros e estilos (Retrato, bodegón, paisaxe, arquitectura, reportaxe…)
Experimentación e proxecto persoal.

6. Un pouquiño de edición
Como mellorar ou salvar as túas fotos. Conceptos básicos de edición en Photoshop ou Lightroom. Básico de revelado dixital.

7. Exposición dos proxectos
Faremos unha exposición dos proxectos dos alumnos e alumnas como clausura do curso.

A metodoloxía será maiormente práctica. Para cada concepto estudado faremos unha práctica, durante o tempo de clase en grupo ou individualmente entre sesións. Adicaremos unha parte de cada sesión a ver e comentar as fotografías das compañeiras, fomentando a dúbida, a crítica construtiva e o debate grupal como forma de aprendizaxe.

*PAGO

Estimado/a estudante,

Estamos encantados de que te mostres interesado/a no noso curso. Queremos informarche sobre a posibilidade de pagar en tres cómodos prazos.

O custo total do curso é de 180 euros. Para axudarte no proceso de pago, ofrecemos a opción de fraccionar o importe en tres prazos de 60 euros cada un. Poderás realizar os pagamentos segundo a seguinte programación:

  1. Primeiro Prazo: 60 euros ao inscribirte.
  2. Segundo Prazo: 60 euros ao comezo do segundo mes.
  3. Terceiro Prazo: 60 euros ao comezo do terceiro mes.

Destacamos que, se decides abandonar o curso a medio percorrido, deberás aboar o importe total restante.

Agradecemos a túa comprensión e estamos dispoñibles para resolver calquera dúbida que poidas ter.

DOCENTE: Sol Álvarez

Sol Álvarez Soto é fotógrafa e varias cousas máis. Estudou Belas Artes, Fotografía Artística e Fotografía Documental de Autor. Foi docente na Pablo Picasso. Ultimamente fotografía montañas e experimenta con técnicas fotográficas antigas.

Linkedin
Instagram
Portfolio fotografía

DESTINATARIAS

As destinatarias son persoas que sintan curiosidade pola fotografía, afecionadas ou que simplemente queiran aprender. Tamén todas aquelas persoas que precisen unha canle de expresión artística e aínda non deran con unha.

MATERIAL INCLUÍDO NO OBRADOIRO

Apuntamentos e presentacións empregadas nas explicacións. Materiais para facer unha cámara estenopeica e unhas cantas fotografías.

NECESIDADES

Precisarás unha cámara, preferentemente con modo manual, e unha libreta ou dispositivo no que anotar cousas. E ganas de experimentar e equivocarse.

Cancelación por parte do alumnado:

– Para cursos continuos (como ioga, pilates, coro, etc.), a cancelación debe realizarse como mínimo 15 días antes do inicio do mes seguinte. Así evitamos que se reserve unha praza para alguén que non vai continuar e podemos organizar os grupos mellor.

– A anulación do curso debe solicitarse por escrito, enviando un correo a queroaprender@escolaunitaria.com ou facéndoo presencialmente en Unitaria.

– En cursos ou obradoiros puntuais, as cancelacións poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.

– Unha vez comezado o curso/obradoiro/evento, non se devolverá o importe abonado, independentemente da causa de abandono.

– O prazo estimado para facer a devolución (nos casos que corresponda) será de 24 a 48 horas desde a notificación por parte de Unitaria.

Cancelación por parte de Unitaria:

Unitaria resérvase o dereito de suspender ou modificar datas e horarios de calquera curso, obradoiro ou evento se non se acada o número mínimo de persoas inscritas. Neste caso, comunicarase con antelación e indicarase a forma de devolución íntegra do importe.

INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar: