TEATRO MUSICAL
PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE

  • Impartido por: Jimena García Balseiro

  • Duración: 1,5 horas semanais

  • Horario: os martes de 17:00h a 18:30h

  • N.º de prazas: 10

  • Prezo: 55€/mes

  • Inclúe auga, café, té, doces e froita durante todo o obradoiro.

  • Datas: dende o 7 de xaneiro de 2025

  • Lugar: Unitaria

INSCRICIÓN: un correo cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:

DESCRICIÓN

Cada participante do grupo elixirá cancións que o identifiquen: artistas favoritos, temas musicais de actualidade ou cancións que marcaron momentos importantes na súa vida. Traballaremos conxuntamente durante o ano para converter esas cancións en protagonistas do obradoiro.

Crearemos unha coreografía conxunta e ofreceremos diferentes roles aos integrantes para o deseño dun espectáculo musical, axudándoos a desenvolver as súas habilidades, brillar como verdadeiros artistas e despregar todo o seu potencial creativo.

Segundo a experiencia da docente, os participantes séntense libres e sen presións, aproveitando ao máximo a súa creatividade.

PROGRAMA

  • Creatividade e autoestima: Potenciar a creatividade individual e grupal, expresando emocións e fortalecendo a autoestima.
  • Desenvolvemento motriz: A música estimula o corpo, permitindo explorar movementos libres e guiados.
  • Comunicación: Promover habilidades comunicativas mediante o son, o linguaxe expresivo e a escoita activa.
  • Corpo e voz: O corpo e a voz serán ferramentas clave para o desenvolvemento do participante, mesturando pautas marcadas e espontaneidade creativa.
  • Sentido de pertenza: Fomentar o traballo en grupo e a confianza mutua.
  • Xestión de ansiedade: A música, como estímulo, axudará a liberar tensións, medos e bloqueos, favorecendo o benestar emocional.

DOCENTE: JIMENA GARCÍA BALSEIRO

Actriz uruguaia con ampla experiencia en teatro, cine e televisión. Desde 2018, imparte clases de Comedia Musical para persoas con discapacidade, promovendo a inclusión e o desenvolvemento artístico. En 2023, traballou como coach de actuación para actores con síndrome de Down no Teatro Cervantes de Bos Aires, marcando un fito na inclusión teatral.

INSTAGRAM

DESTINATARIAS

Persoas con calquera tipo de discapacidade, a partir dos 13 anos e sen límite de idade.

NECESIDADES

Os participantes crearán o seu propio vestiario, que poderán traer das súas casas.

POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN

A anulación do curso debe ser realizada presencialmente pola persoa inscrita en Unitaria ou a través de queroaprender@escolaunitaria.com
As cancelacións de cursos poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.
O importe non se devolverá nos caso de se o alumno/a decide deixar de asistir ao curso/obradoiro/evento unha vez comezado, calquera que sexa a causa.
O tempo estimado para a devolución do importe dun curso abonado por Internet, xa sexa por vontade do usuario ou por unha cancelación (e conforme ás condicións descritas), será de 24 a 48 horas desde a notificación da operación por parte da Unitaria.

POLÍTICA DE CANCELACIÓN

Unitaria resérvase o dereito de suspender o curso/obradoiro/evento ou modificar as datas e horarios indicados dependendo do número de alumnos matriculados, nese caso comunicarase a forma de devolución do importe abonado.

INSCRICIÓN: un correo cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar: