FILMAR A MIRADA. OBRADOIRO PRÁCTICO DE CÁMARA

  • Impartido por:  Lucía Estévez

  • Nivel: Inciación

  • Duración: 30h

  • Horario: 16:30 A 19:00 os martes

  • N.º de prazas: 10

  • Cuota de inscrición: 210 € (repartidos en TRES pagos de 70€ cada mes) OU 200 € se o pagas todo xunto.

  • Datas: do 6 de abril ao 22 de xuño de 2021

INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:

DESCRICIÓN

“Filmar a mirada” é un obradoiro práctico que ten como obxectivo explorar as inquedanzas creativas dos participantes empregando a ferramenta da cámara. Por este motivo o curso parte dun punto de partida teórico-técnico, de coñecemento da ferramenta e continúa cun posterior desenvolvemento práctico de exercicios semanais de distinto formato.

PROGRAMA

– Conceptos teórico-técnicos:

O corpo da cámara.
Formatos e xéneros.
A cámara na historia do cine.
A cámara na literatura e na pintura.
Nocións básicas de son e montaxe para realizar as prácticas.

– Conceptos prácticos:

A improvisación: Perder o medo ao mal chamado “erro”.
Explorar as ferramentas cinematográficas e teatrais por cámara.
As influencias (cine, literatura, pintura, son, danza, …).
Xogar dentro dunha liberdade creativa dende cámara.
Compartir a mirada persoal e observar a do resto do grupo.
Visionar proxectos audiovisuais e explorar posibilidades artísticas dende a realización.
Laboratorio de creación que pretende impulsar o proceso dunha peza audiovisual.

BIBLIOGRAFÍA:

– Más allá del espacio vacío (Peter Brook).
– Días de una cámara (Néstor Almendros).
– La preparación del director: Siete ensayos sobre teatro y arte (Anne Bogart).
– ¡Salva al gato! (Blake Snyder).

DOCENTE: Lucía Estévez

Lucía Estévez estuda Comunicación Audiovisual na Universidade de Vigo e na UCP de O Porto, onde realiza un Erasmus durante o terceiro ano. Dende entón traballa para produtoras e compañías teatras galegas no departamento de cámara. O seu interese pola dirección fai que continúe a día de hoxe unha formación paralela que compaxina coa súa carreira profesional. Está preparando a súa primeira longametraxe de ficción, “As Defensas”, con guión subvencionado por AGADIC en 2020. Este ano rodará a súa seguinte curtametraxe, “O neno sardiña”, producido por Cósmica Producións con subvención de produción de AGADIC. En 2019 recibe o Premio CREA a Mellor Dirección Galega no Festival Internacional Curtocircuito pola súa curtametraxe “Arrolo” e o Premio a Produción no Carballo Interplay para realizar a serie para internet “XAN”, co-creada xunto ao actor e guionista Miguel Canalejo. En 2018 recibe o Premio María Luz Morales polo seu videoensaio “Muller Personaxe”, unha peza experimental que investiga o papel da muller en pantallas galegas.

DESTINATARIAS

A todas aquelas persoas interesadas en empregar a cámara como un medio libre co que xogar e explorar diferentes maneiras de contar.

MATERIAL INCLUÍDO NO OBRADOIRO

– Para o visionado de películas e series se facilitará a cada participante unha clave de acceso á plataforma onde está dito material
– Sobre a bibliografía: Fotocopias

NECESIDADES

– Tes que traer a túa cámara e ordenador
– Libreta e lápiz/bolígrafo

POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN

A anulación do curso debe ser realizada presencialmente pola persoa inscrita en Unitaria ou a través de queroaprender@escolaunitaria.com
As cancelacións de cursos poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.
O importe non se devolverá nos caso de se o alumno/a decide deixar de asistir ao curso/obradoiro/evento unha vez comezado, calquera que sexa a causa.
O tempo estimado para a devolución do importe dun curso abonado por Internet, xa sexa por vontade do usuario ou por unha cancelación (e conforme ás condicións descritas), será de 24 a 48 horas desde a notificación da operación por parte da Unitaria.

POLÍTICA DE CANCELACIÓN

Unitaria resérvase o dereito de suspender o curso/obradoiro/evento ou modificar as datas e horarios indicados dependendo do número de alumnos matriculados, nese caso comunicarase a forma de devolución do importe abonado.

INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar: