
CALCETÍNS BÁSICOS
INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:
PROTOCOLO COVID-19 UNITARIA
-Desinfección de mans á entrada e saída de clases.
-Máscara obrigatora durante toda a clase.
-Tes que traer a túa propia esterilla ou material para o obradoiro.
-Hidroxeles a tutiplén.
-Hai purificadores de aire nas dúas salas.
-Control de CO2 en PPM (partículas por millón) e así controlar a renovación de aire.
DESCRICIÓN
Crearanse calcetíns de punto comezando pola cana nun fío groso, tamén aprenderemos as diferentes formas de tecer os calcetíns.
PROGRAMA
– Anatomía dun calcetín.
– Por que tecer medias?
– Mide o pé (o que debes saber sobre o teu pé)
– Tipos de construción.
– Clases de la para tecer calcetíns.
– Material, mostra de tensión, agullas, moldes en puntos…
DOCENTE: Ana Alfonsín
DESTINATARIAS
Está destinado a todas aquelas persoas que teñan un nivel básico de malla
MATERIAL INCLUÍDO NO OBRADOIRO
– Patrón do proxecto en PDF (tamén en papel as instrucións básicas para facelo máis cómodo) inclúe vídeos das partes máis difíciles.
– La
– Agullas adecuadas ao grosor da la.
– Marcadores
– Mochila de tea.
NECESIDADES
As asistentes deberán levar unha bolsa con tesoiras, cinta métrica e un bolígrafo.
POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN
A anulación do curso debe ser realizada presencialmente pola persoa inscrita en Unitaria ou a través de queroaprender@escolaunitaria.com
As cancelacións de cursos poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.
O importe non se devolverá nos caso de se o alumno/a decide deixar de asistir ao curso/obradoiro/evento unha vez comezado, calquera que sexa a causa.
O tempo estimado para a devolución do importe dun curso abonado por Internet, xa sexa por vontade do usuario ou por unha cancelación (e conforme ás condicións descritas), será de 24 a 48 horas desde a notificación da operación por parte da Unitaria.
POLÍTICA DE CANCELACIÓN
Unitaria resérvase o dereito de suspender o curso/obradoiro/evento ou modificar as datas e horarios indicados dependendo do número de alumnos matriculados, nese caso comunicarase a forma de devolución do importe abonado.