CREACIÓN DE IMAXES E VÍDEOS CON INTELIXENCIA ARTIFICIAL

  • Impartido por: Ponferrada.ia

  • Duración: 6 horas

  • Horario: sábado de 11:00h a 14:00h e de 16:00h a 19:00h

  • N.º de prazas: 20

  • Cuota de inscrición:

    • Early bird (ata o 15 de decembro): 135 €

    • Prezo xeral (a partir do 16 de decembro): 160 €

  • Inclúe auga, café, té, doces e froita durante todo o obradoiro.

  • Data: sábado 31 de xaneiro de 2026

  • Lugar: Unitaria

INSCRICIÓN: un correo cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:

DESCRICIÓN

Esta Masterclass, impartida por David López (creador de Ponferrada.IA), céntrase na creación visual con intelixencia artificial desde un enfoque versátil, práctico e eficiente.

Un percorrido real polo seu método de traballo: como constrúe imaxes, como as transforma en vídeo e como toma decisións creativas no día a día.

Non hai promesas máxicas nin temarios pechados: hai traballo real, procesos reais e resultados reais.

PROGRAMA

O noso fluxo de traballo con IA

Unha mostra transparente de como traballamos na práctica: como creamos imaxes e como as convertimos en vídeos.

Non seguimos un guión ríxido; isto é unha inmersión sincera no noso proceso creativo.

Poida que algunhas cousas xa as coñezas ou non… non é o noso problema.

O único que prometemos é mostrar exactamente como facemos o que facemos.

1. Imaxes con IA

  • Como desenvolvemos visuales desde cero.

  • Ferramentas que empregamos e como as afinamos.

  • Pensamento creativo aplicado ás máquinas: como decidir, como probar, como mellorar.

2. Vídeo con IA

  • Xeración de vídeo partindo de imaxes propias.

  • Prompts, parámetros e axustes técnicos.

  • Como axuntar movemento, narrativa visual e coherencia estética nunha mesma peza.

DOCENTE: PONDERRADA.IA

David López

Fundador e director creativo en Ponferrada.IA.

Tras anos traballando para algunhas das principais discográficas de drum & bass do Reino Unido, descubriu a IA xerativa e orientou a súa carreira cara á creación visual avanzada.

Instagram

LinkedIn:

DESTINATARIAS

Persoas que queiran entender e dominar a IA xerativa aplicada ao vídeo, traballando cun método refinado a base de anos de proba e erro.

Ideal para quen queira comezar con criterio, fluidez e control de custos desde o primeiro día.

NECESIDADES

Non é preciso traer material para seguir a clase.

Levar portátil é opcional, pero pode ser útil para quen queira probar algún exemplo durante a sesión.

Cancelación por parte do alumnado:

– Para cursos continuos (como ioga, pilates, coro, etc.), a cancelación debe realizarse como mínimo 15 días antes do inicio do mes seguinte. Así evitamos que se reserve unha praza para alguén que non vai continuar e podemos organizar os grupos mellor.

– A anulación do curso debe solicitarse por escrito, enviando un correo a queroaprender@escolaunitaria.com ou facéndoo presencialmente en Unitaria.

– En cursos ou obradoiros puntuais, as cancelacións poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.

– Unha vez comezado o curso/obradoiro/evento, non se devolverá o importe abonado, independentemente da causa de abandono.

– O prazo estimado para facer a devolución (nos casos que corresponda) será de 24 a 48 horas desde a notificación por parte de Unitaria.

Cancelación por parte de Unitaria:

Unitaria resérvase o dereito de suspender ou modificar datas e horarios de calquera curso, obradoiro ou evento se non se acada o número mínimo de persoas inscritas. Neste caso, comunicarase con antelación e indicarase a forma de devolución íntegra do importe.

INSCRICIÓN: un correo cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar: