
CREACIÓN DE IMAXES E VÍDEOS CON INTELIXENCIA ARTIFICIAL
INSCRICIÓN: un correo cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:
DESCRICIÓN
O obradoiro impartido por United Unknown explorará a xeración de imaxes e vídeos mediante intelixencia artificial (IA). Amosaranse numerosos exemplos de creacións que abarcan diversos campos e estilos creativos: desde imaxes fotorrealistas ata arte abstracta, pasando por retratos, videoclips musicais e vídeos deepfake de humor. Analizaranse os distintos modelos e plataformas que permiten xerar imaxes, como funcionan e as súas principais diferenzas. Estudaranse os pros e contras dos xeradores máis coñecidos: Dall-e, Midjourney, Stable Diffusion e Flux. Ademais, ensinaranse diferentes ferramentas empregadas na edición de imaxes e vídeos con IA, como Clipdrop, Replicate, Photoshop e Runway, entre outras.
Tamén se discutirán os desafíos éticos e as implicacións prácticas de empregar a intelixencia artificial na produción audiovisual, as novas tendencias, as últimas novidades e as súas futuras aplicacións.
PROGRAMA
Presentación – 1h
- Traxectoria de United Unknown, antes e despois de incorporar IA.
- Casos destacados. Exemplos de imaxes xeradas con IA.
Introdución á IA xerativa de imaxes – 2h
- Que é a IA xerativa?
- Como funciona un modelo de difusión que xera imaxes e vídeos?
- Como funciona un modelo GAN que xera deepfakes?
- Diferencias, pros e contras dos modelos xeradores: Dall-e, Midjourney, Stable Diffusion, Flux.
- Ferramentas para xeración e edición baseadas en Stable Diffusion: Leonardo, Léxica, etc.
- Xeración en liña con ferramentas sinxelas: Freepik, Replicate.
- Xeración sen conexión con ferramentas avanzadas: Automatic1111, ComfyUI.
- Outras ferramentas: IA en Adobe Photoshop, Upscalers (Magnific, Gigapixel), Clipdrop (Relight, Background removers, Face Enhancers, Transferencia de estilos,…).
Introdución á IA xerativa de vídeos – 3h
- Casos destacados. Exemplos de vídeos xerados con IA.
- Ferramentas para xeración e edición de vídeo: Runway, Pikalabs, Kaliber, Minimax, Kling, Hailuoai, LumaLabs, etc.
- Outras ferramentas: Edición de audio, clonado de voces, lipsync, dobraxe a outros idiomas, xeración de avatares.
DOCENTE: UNITED UNKNOW
Guerrilla visual, creadores de vídeos e imaxes especializados en humor e sátira política. United Unknown é un colectivo fundado en 2010, que utiliza o activismo visual e a sátira política como arma de subversión masiva. No campo da creación audiovisual, traballan con programas de edición de imaxe e vídeo clásicos e, desde 2019, incorporaron ferramentas de intelixencia artificial ao seu fluxo de traballo: desde software de deepfakes ata modelos propios para xeradores de imaxes con IA, o que lles permite desenvolver proxectos únicos e exclusivos.
Colaboraron en proxectos gráficos e audiovisuais para Amnistía Internacional, Greenpeace, Fundació Arrels, CCCB, El Terrat, Mediapro, Movistar+, TV3, Atresmedia, Relevo Deportes, Premios Ondas, La2 de Televisión Española, Revista Mongolia, Espacio Tangente e programas de televisión como Late Motiv de Andreu Buenafuente, Showriano, Locomundo, APM?, El día después e Expediente Pérez.
www.unitedunknown.com
DESTINATARIAS
Este curso está dirixido a calquera persoa interesada na xeración de imaxes con IA. Non se precisan coñecementos previos en IA, pero agárdase que as persoas participantes teñan interese pola exploración de novas tecnoloxías creativas.
POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN
A anulación do curso debe ser realizada presencialmente pola persoa inscrita en Unitaria ou a través de queroaprender@escolaunitaria.com
As cancelacións de cursos poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.
O importe non se devolverá nos caso de se o alumno/a decide deixar de asistir ao curso/obradoiro/evento unha vez comezado, calquera que sexa a causa.
O tempo estimado para a devolución do importe dun curso abonado por Internet, xa sexa por vontade do usuario ou por unha cancelación (e conforme ás condicións descritas), será de 24 a 48 horas desde a notificación da operación por parte da Unitaria.
POLÍTICA DE CANCELACIÓN
Unitaria resérvase o dereito de suspender o curso/obradoiro/evento ou modificar as datas e horarios indicados dependendo do número de alumnos matriculados, nese caso comunicarase a forma de devolución do importe abonado.











