ESGRIMA ESCÉNICA

  • Impartido por: Pablo Cachafeiro

  • Nivel: Inciación

  • Duración: 6h

  • Horario: de 10:00h a 14:00h e de 16:00h a 18:00h

  • N.º de prazas: 14

  • Cuota de inscrición: 50€

  • Datas: 30 de abril de 2022.

INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:

DESCRICIÓN

O primeiro desta serie de obradoiros de esgrima escénica estivo adicado á espada de mán e media medieval. Neste segundo obradoiro usaremos un arma moi diferente, a espada roupeira (a dos mosqueteros ou Alatriste, para entendernos) e aprenderemos a movernos con elas, dun xeito creíble usando a destreza desenvolvida polos mestres do século XVII.

O obxectivo é realizar un combate escénico ó final do obradoiro, sen perigo pero con realismo e improvisación, e partindo de cero. Se xa estiveches no primeiro obradoiro terás unha base de esgrima escénica que repasaremos e ampliaremos para esta nova arma.

PROGRAMA

Os temas son complementarios e non é necesario dalos todos. Ata o 5 son de iniciación, ata o 10 xa é nivel medio, e de ahí en diante son moi específicos por armas, épocas e estilos.

1. 5 de Base, Fendentes e Sottanis
2. 5 de Base, Contrafios alemana e italiana
3. 5 de base, Puntas. Uñas arriba e abaixo. 6 de base.
4. Defensa 5 de base, hombreiro-cadeira. Intención, non forza, e mesas.
5. Pasos e distancias

6. Gardas: Posta Breve, Longa, Finestra e Coroa.
7. Gardas: Codalonga, Porta de ferra, Mezzana, Zingiaro, Mezzano.
8. Gardas: Bicorno, Posta di donna, Sinestra.
9. Contacto: Tallos ó corpo, puntas. Mans e non buscar folla contraria.
10. Esquivas en equis, saltar, agocharse.

DOCENTE: Pablo Cachafeiro

Membro da Asociación Ourensá de Esgrima Antiga AOUREA (2013-Actualidade) e actualmente Instructor de Espada de man e media.
Especialista en Espada e Coreografías con Grupo Especialistas Hípica Celta en feirias medievais e mercados temáticos (2018-actualidade)
2º Grado en Espada Ropera Tardía na Academia da Espada de Ton Puey (Coruña 2017)
Curso Esgrima Escénica con Ton Puey en Academia da Espada (Compostela 2015)
Actor Pequenas Partes en O Final del Camiño (2016), Tres Camiños (Amazón, 2020)
Figuración de Acción (Esgrima, loita, caídas…) con Nyumad e Voz Audiovisual (TVE, Silleda 2016)
Figuración Especial con armas de fogo ea serie La Unidad (Movistar, 2019)
Asesor de Esgrima en Un Asunto Privado (Amazón, 2021)
Creación de coreografías de esgrima en feiras e eventos. (Recreación napoleónica, Star Wars, Feiras Medievais, etc…). Tanto en parellas como grupales e combinando diferentes armas, así como dirección e treinamento de grupos sen experiencia en manexo de armas brancas e recreación de combates.
Nivel Básico en manexo de cabalos.
Instructor de Esgrima Histórica en colexios de Ourense (San Pío X, Franciscanas, Guillelme Brown…) e Santiago (La Salle) desde 2018 hasta hoxe.
Esgrima Escénica en visitas teatralizadas ós castelos de Monterrei (2017-2019) e Castro Caldelas (2020-21), AC Rutas (2021) con S. COOP. Xeitura
Asistente a la Producción Cinematográfica (DKA Formación 2020)
Personal Trainer y Desarrollo Humano en Edutin Academy (2021)

DESTINATARIAS

Actrices e Actores, de Teatro ou de Audivisual. Incluído Teatro de Rúa e Feiras Temáticas.
Estudiantes de Artes Escénicas.
Recreadores Históricos.
Sen rango de idade.

MATERIAL INCLUÍDO NO OBRADOIRO

Inclúe material (Espadas, etc…) e Proteccións (Máscaras, luvas, etc…)
Ademáis inclúe un seguro de Accidentes para os participantes no obradoiro.

NECESIDADES

Os participantes deben levar ropa cómoda, e se teñen, material de esgrima, do contrario usaremos o do docente. (Máscaras e luvas)

POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN

A anulación do curso debe ser realizada presencialmente pola persoa inscrita en Unitaria ou a través de queroaprender@escolaunitaria.com
As cancelacións de cursos poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.
O importe non se devolverá nos caso de se o alumno/a decide deixar de asistir ao curso/obradoiro/evento unha vez comezado, calquera que sexa a causa.
O tempo estimado para a devolución do importe dun curso abonado por Internet, xa sexa por vontade do usuario ou por unha cancelación (e conforme ás condicións descritas), será de 24 a 48 horas desde a notificación da operación por parte da Unitaria.

POLÍTICA DE CANCELACIÓN

Unitaria resérvase o dereito de suspender o curso/obradoiro/evento ou modificar as datas e horarios indicados dependendo do número de alumnos matriculados, nese caso comunicarase a forma de devolución do importe abonado.

INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar: