PASEOS FOTOGRÁFICOS

  • Impartido por: Sol Álvarez

  • Horario: xoves de 17:00 a 18:30

  • N.º de prazas: 12

  • Prezo: 45 €/mes

  • Data: 4 de maio ao 29 de xuño de 2023

     

INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:

DESCRICIÓN

Obradoiro para practicar fotografía en grupo.

PROGRAMA

Cada xoves iremos a dar un paseo para practicar e facer fotos a un punto diferente da cidade. Ao principio da clase verémonos na Unitaria para ver as fotos seleccionadas por cada unha da semana anterior, comentalas, ver como podemos mellorar e resolver dúbidas.

Se o grupo está dacordo, poderemos variar o horario algunhas veces para practicar fotografía con outras luces: tardiña, solpor ou fotografía nocturna.

DOCENTE: SOL ÁLVAREZ

Sol Álvarez Soto é fotógrafa e varias cousas máis. Estudou Belas Artes, Fotografía Artística e Fotografía Documental de Autor. Foi docente na Pablo Picasso. Ultimamente fotografía montañas e experimenta con técnicas fotográficas antigas. É a profe de iniciación á fotografía en Unitaria.

DESTINATARIAS

Todas aquelas pessoas que saiban un pouco de fotografía e de manexar a sua cámara en modo manual.

Xente que fixera algún curso de iniciación á fotografía e nunca atope ese momento de practicar.

NECESIDADES

Calzado cómodo e cámara de fotos con modo manual.

POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN

A anulación do curso debe ser realizada presencialmente pola persoa inscrita en Unitaria ou a través de queroaprender@escolaunitaria.com
As cancelacións de cursos poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.
O importe non se devolverá nos caso de se o alumno/a decide deixar de asistir ao curso/obradoiro/evento unha vez comezado, calquera que sexa a causa.
O tempo estimado para a devolución do importe dun curso abonado por Internet, xa sexa por vontade do usuario ou por unha cancelación (e conforme ás condicións descritas), será de 24 a 48 horas desde a notificación da operación por parte da Unitaria.

POLÍTICA DE CANCELACIÓN

Unitaria resérvase o dereito de suspender o curso/obradoiro/evento ou modificar as datas e horarios indicados dependendo do número de alumnos matriculados, nese caso comunicarase a forma de devolución do importe abonado.

INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar: