MOUNIR

  • Día: 13 de xullo 2024

  • Horario: sábado ás 12:00h

  • Entrada: de balde ata completar aforo.

DESCRICIÓN

Sinopse:
Mounir chegou a España con tan só 7 anos. Despois dunha infancia entre centros de menores en diferentes comunidades autónomas, estableceuse en Galicia onde aprendeu un oficio, casou e tivo unha filla.
Agora ten 32 anos, pero segue sen permiso de residencia por culpa dun incidente illado cando era adolescente. Mentres agarda a que a súa situación se regularice, Mounir leva una vida modesta e sen poder viaxar, o que lle impide levar á súa filla de 2 anos a Marrocos para presentarlla á súa nai moribunda por medo a que lle neguen o regreso a España.
Ficha técnica:
Título orixinal: MOUNIR
Lingua: galego, castelán e árabe
Subtítulos: galego e castelán
Duración: 18 minutos
Xénero: Drama social, costumismo, inmigración.
Ano de rodaxe: 2023.
Ano de estrea: 2024.
Acudirán os directores, produtores e os protagonistas da historia: Mounir e a súa familia.
E despois coa música de Captain Trasho! (Punk e Garage)